Como consecuencia da cicloxénese explosiva Ulla, que comenzou na madrugada deste venres, o forte e intenso temporal de vento, con rachas de máis de 160 quilómetros por hora segundo Meteogalicia, produciu unha incidencia na rede de alta tensión (132 kV), que afectou dende as 12.30 horas ata as 14:55 horas a un total de 54.000 clientes de diversos municipios de A Mariña lucense.
Desde o primeiro momento traballouse intensamente para reparar as liñas. Begasa mobilizou máis de 100 persoas, que están traballando dende o inicio da avería para solucionala o antes posible, tanto nos traballos relacionados coas reparacións e retirada de árbores, coma no centro de control, dando subministro por vías alternativas.
Estivemos coordinados cos distintos corpos de emerxencia, que actuaron correctamente xunto aos nosos técnicos. Queremos agradecerlles a súa valiosa colaboración e excelente traballo.
Nestes momentos a rede de alta tensión ten subministro, aínda que actualmente se atopan sen servicio algunhas liñas de media tensión que afectan a 4.300 clientes.
Aínda que Begasa non es responsable da avería, provocada por factores meteorolóxicos, a compañía pide disculpas por todas as molestias que puidera causar aos seus clientes.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



