A Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” ven de presentarlle por escrito á alcaldía de Viveiro unha memoria pormenorizada do desenvolvemento do “Proxecto experimental de redución de residuos e compostaxe caseira” posto en marcha no 2013 polo colectivo de mulleres de San Andrés de Boimente dentro da súa campaña anual de sensibilización e concienciación medioambiental. Proxecto este que ten como fin contribuír á redución dos residuos xerados nas casas, transformando o lixo doméstico, resto de podas, céspede cortado e outros residuos agrícolas nun abono orgánico de gran calidade, seguro e rico en nutrientes para o solo e que se coñece como compost, ao mesmo tempo que se intenta concienciar ás socias e veciños da parroquia da necesidade de reducir o volume de residuos depositados nos contedores convencionais e sensibilizalas/os sobre os beneficios ambientais e económicos do emprego desta técnica de compostaxe caseira.
Coa entrega desta memoria á Alcadía de Viveiro, a Directiva Fraga das Saímas, que comprobou a través do desenvolvemento deste proxecto experimental que a compostaxe caseira é unha práctica moi sinxela e viable na que pode participar todos os membros da familia e onde os beneficios e ventaxas son todas e as desventaxas non existen, quixo aproveitar para animar e propoñer á alcadía de Viveiro estender este Proxecto de Compostaxe Caseira ao resto das parroquias do municipio viveirense, de xeito que todas aquelas familias interesadas en reducir os residuos que xeneran nas súas casas e que van directamente aos contedores convencionais podan solicitar un composteiro familiar e aprender a facer bo uso del a través dun curso de compostaxe. Ao mesmo tempo a Directiva solicitoulle axuda á rexidora de Viveiro para dotar de composteiros ás veciñas que participaron neste proxecto e que a asociación non lles puido facilitar máis que a tres das catorce mestras composteiras debido a falta de colaboración que se lle solicitara a Sogama, negándose esta a facilitarlles ningún composteiro por tratarse a peticionaria, según esta empresa, dunha asociación e non dunha administración local.
Por outra banda, a Directiva Fraga das Saímas ven de abrir o prazo para inscribirse na Maratón de xogos de Mesa que se celebrarán no Centro Socio Cultural de San Andrés de Boimente o sábado 8 de marzo de 2014 a partir das 17.00 h. Todas as persoas interesadas teñen de prazo para apuntarse na modalidade que desexe (Tute / Brisca) ata o día 2 de marzo.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



