A Mariña, 4 de xaneiro de 2014. Os datos publicados hoxe pola Consellaría de Traballo volven dar datos desoladores para a comarca mariñá con cifras porcentuais que superan tanto a media galega como a da provincia, no cómputo anual aínda habendo unha leve baixada en relación a xaneiro de 2013, segue sendo moi inferior á baixada no conxunto da comunidade e na provincia. A fronte nacionalista insiste en demandar políticas activas de emprego na comarca e planos de acompañamento social para as persoas en situación de desemprego.
O BNG da Mariña analizou os datos do mes de xaneiro publicados hoxe pola Consellaría de Emprego sobre a situación do paro en Galiza. Á vista destes datos na comarca da Mariña hai 257 persoas mais – un 4,5% mais que en decembro – por riba dos datos dos conxunto da provincia no que sobe un 4,19% e de Galiza onde o incremento do desemprego en relación ao mes anterior sobe un 3,19%.
A fronte nacionalista ademais fixo referencia ao cómputo anual onde hai unha leve baixada con respecto a xaneiro de 2013 pero segue sendo inferior á da provincia e do conxunto de Galiza. Mentres en Galiza hai unha baixada en relación a xaneiro do ano pasado do 3,34% e na provincia do 1,77%, na Mariña unicamente baixa o 0,71% polo que o BNG considera que o ritmo de destrución de emprego na nosa comarca é moi superior ao conxunto de Lugo e Galiza.
Os nacionalistas seguen chamando a atención sobre a expulsión de centos de mozos e mozas da nosa comarca que marchan na busca de emprego fora da nación galega e do estado, unha realidade catastrófica que se suma á de milleiros de persoas que estando en idades xa avanzadas quedan sen emprego e teñen difícil a súa reincorporación ao mercado laboral. Nesta liña salientaron as 5.500 persoas en situación de desemprego con mais de 25 anos de idade fronte ás 277 que non superan esta idade.
Os nacionalista volveron reclamar un Plan de Emprego para a comarca mariñá que compense a constante sangría que se produce na Mariña co peche e redución de empregos en empresas de referencia na comarca ou nas iniciativas de auto emprego que por desgraza seguen sen dar froitos estábeis. Ademais demanda outra vez planos de acompañamento social para as persoas en situación der desemprego como as 41 persoas que recentemente pasaron a esta situación en Cerámicas de Sargadelos ou outras que se deron con anterioridade. Nesta liña esixiron ao goberno da Xunta “solucións e non campañas mediáticas” para botar balóns fora xa que a principal responsabilidade na promoción e creación de emprego recae sobre a propia Xunta.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



