O Valadouro, 6 de febreiro de 2014. A Asemblea Local de Alfoz-Valadouro lembra ao goberno local que o seu apoio á investidura non é incondicional e debe cumprir os compromisos adquiridos para democratizar a vida política no Valadouro ademais dos outros condicionantes propostos polo BNG.
Neste sentido lembran que de momento está en marcha unha das propostas do BNG referida “á posta en funcionamento do sistema de préstamo de libros ou na redución dos gastos salariais do grupo de goberno”, pero están pendentes outras cuestións que consideramos de importancia relacionadas coa “democratización e participación cidadá na vida municipal, avanzar e mellorar nas políticas sociais, ou traballar na dirección de avanzar na fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro”.
Os nacionalistas recoñecen que hai algunhas cuestións que lles fan ver cambios de interese como puidera ser a posta en marcha dun obradoiro de emprego ligado á horticultura ecolóxica, “unha iniciativa que está en liña cos condicionantes expostos polo BNG para aproveitamento dos recursos produtivos propios que permitiron apoiar a investidura, pero demandamos cambios de maior intensidade e profundidade”.
A Asemblea Local do BNG Alfoz-Valadouro quere deixar claro que “non se senten atados para apoiar sen condicións ao grupo de goberno” formado por PSOE e UDIVAL, polo que demandaron a rápida concreción dalgunhas cuestións pendentes que deberán formar parte do orzamento municipal para 2014, así como outras que sen ser necesariamente parte do orzamento municipal requiren do impulso do goberno local.
Nos vindeiros días (a iniciativa do BNG) faráse unha rolda de xuntanzas polas parroquias (xa está fixado o calendario) para impulsar un primeiro achegamento aos ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS, no que os propios veciños serán escoitados, así como as asociacións veciñais e parroquiais, tratando de atender as demandas e coñecer in situ as necesidades dos núcleos rurais, xa que consideramos que é pobo quen debe decidir sobre os seus recursos económicos, é dicir, sobre o orzamento municipal.
Esixiuse que o Concello poña en marcha unhas bolsas (becas) de transporte para estudantes universitarios. Do mesmo xeito, o BNG esixiu que o Concello se implique nunha problemática denunciada polos pais de alumnos de secundaria nos centros de Foz, que o transporte escolar deixe aos rapaces no núcleo urbano de Ferreira, e non na rotonda de San Acisclo (a varios qms.) como até agora.
Lembramos que a unificación dos concellos do val é unha reivindicación histórica da asemblea local do BNG dende a súa fundación, e foi o primeiro grupo político que expuxo o tema á sociedade e o levou ás institucións locais, polo que se insistiu en que o Concello do Valadouro debe camiñar cara a mancomunar todos os servizos posíbeis co Concello de Alfoz, iniciativa moi ben recibida por parte da alcaldía, asegurando que está en proxecto ampliar e dinaminzar a Mancomunidade Río Ouro (integrada polos dous concellos), aínda que cómpre agardar pola aprobación definitiva da Lei de Administración Local.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



