O Burela FS Pescados Rubén B visita este sábado o Vilalba Peugeot FS , farol vermello de Terceira. O duelo provincial arrincará ás 18.00 horas, no municipal da vila chairega.
Dende a sétima praza, con 26 puntos, os laranxas desprázanse para facerse co triunfo ante un rival que só leva 9 puntos en 17 encontros. Os locais non puntúan dende a décimo terceira xornada, cita na que se impuxeron ao Ribeira FS por un rifadísimo 7-6; o resto dos puntos puido arrincalos na casa co Santiago Futsal (3-2, xornada 4) e A Fuga Xove FS (2-2, xornada 11) e fóra co Pazos de Borbén (1-1, xornada 3) e Superti A Pontenova (2-2, xornada 7).
O técnico mariñán espera un encontro co mesmo corte da primeira volta, no que os laranxas se impuxeron por 5-2. “Veremos un rival moi pechado, que esperará o noso erro para aproveitalo, como xa se viu en Vista Alegre” adiantaba Lucas, facendo un chamamento á concentración dos seus xogadores porque “cos equipos de abaixo acostumamos a ofrecer peor imaxe da que deberiamos e cometemos algunhas imprecisións un pouco inxenuas”. “Co regreso de Luis de Cospeito o rival subirá un chanzo”, advertía o adestrador burelista.
Sen Antón Couto, con lesión de clavícula, nin Carlitos, convocado para Primeira LNFS, Lucas poderá contar de novo con Manu, tras a sanción dun partido imposta na Estrada.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
