Cervo, 15 de febreiro de 2014- O Concello de Cervo solicitou á Deputación os permisos correspondentes para poder mellorar os accesos ao polígono industrial de Cuíña dende a estrada N-642, á altura de Espiñerido. Unhas obras que iniciara hai anos o anterior Goberno Provincial. Nun primeiro momento, a anterior Deputación realizara a primeira fase das expropiacións e fixera a explanación duns 800 metros de vía, algo máis da metade do total, de 1.500 metros de lonxitude.
Coa entrada do goberno bipartito na Deputación, o proxecto de construción da estrada quedou paralizado. Nestes 7 anos de bloqueo, o Concello enviou numerosos escritos á Deputación solicitando a continuación e remate das obras, todos eles sen resposta. Só obtivo contestación ao último, no que a Administración Provincial asegurou non dispoñer de cartos para realizar o proxecto.
“É unha pena que a Deputación non teña cartos para unha obra que convertería o actual polígono industrial nun punto empresarial moito máis accesible e atractivo” asegura a edil de Obras, Pilar Armada, que tamén considera “curioso que non dispoñan de fondos para esta obra mentres realizan numerosos convenios e grandes investimentos noutros concellos”.
A edil reitera a clave deste asunto: “Estamos falando de que os terreos expropiados son de titularidade da Deputación, e de que a única estrada pola que poden circular os camións hoxe en día para acceder ao polígono é a da Costa, de titularidade da Deputación. E hai moitos anos a anterior Deputación comezou a facer os primeiros traballos”. Desta forma Armada lamenta “que a Deputación non asuma a súa responsabilidade”. Por iso, ante este longo bloqueo, o Concello decidiu retomar os traballos, pero para iso precisa o permiso previo da Deputación. “Agradamos que polo menos neste trámite si cumpran coa súa responsabilidade” engade.
Unha vía imprescindible para camións
O acceso que se pretende facer consiste nunha nova vía alternativa que una a N-642, dende a rotonda de Espiñerido, co polígono de Cuíña. Esta estrada terá unhas dimensións axeitadas para o paso de camións e outros vehículos de grande tonelaxe, moi habituais nas proximidades dos parques empresariais.
Na actualidade o acceso ao polígono faise a través da estrada da Costa, de titularidade provincial, o que implica que moitos camións teñen que transitar polo núcleo de San Ciprián. “O noso polígono é moi pouco accesible” asegura Armada. Desta maneira, o Concello aposta por rematar este acceso “que permitirá favorecer o asentamento empresarial e en definitiva, que o polígono sexa máis atractivo á hora de iniciar unha actividade” engade.
Unha medida que se sumaría ás postas en marcha polo Concello hai uns anos, cando se implantaron bonificacións para os emprendedores que queiran abrir un negocio ou empresa no polígono, que consisten en importantes reducións do importe do ICIO (Imposto de Construcións, Instalacións e Obras), entre outras medidas.
Proxecto
En concreto, o Concello pretende, nunha primeira fase, aproveitar os traballos xa realizados polo anterior Goberno da Deputación, que expropiara boa parte dos terreos, explanara uns 800 metros de estrada, e construíra a ponte sobre a vía do tren. Así, o Concello ten a intención de pavimentar uns 330 metros de estrada, partindo dende o polígono de Cuíña e a nova ponte do FEVE, en dirección a Espiñerido.
Desta maneira, a nova estrada entroncaría no metro 330 aproximadamente cunha pequena estrada local. Unha vez finalizada esta primeira fase, o Concello agarda “que a Deputación asuma a súa responsabilidade e abra un acceso tan necesario para o desenvolvemento do polígono como é esta vía de titularidade provincial”, remata Armada.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



