Ribadeo, 6 de febreiro de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o Concello seguirá a actuar e a enviar requirimentos aos propietarios daqueles inmobles que supoñan un risco para a seguridade pública. Deste xeito refírese a unha casa situada na rúa Villafranca del Bierzo, da que se desprenderon varios cascotes nos últimos días.
O rexedor aludiu “a esta carta que varios propietarios dun inmoble do casco vello, que foi requirido en numerosas ocasións polo Concello para que fixeran operacións de mellora da súa estética e seguridade pública e que dalgunha maneira eles veñen a dicir publicamente do innecesario que é que dende o Concello fagamos estas cousas. Quérome reafirmar unha vez máis, para eles en particular e para todos os propietarios de inmobles en xeral: dende o Concello de Ribadeo non temos por capricho, nin por norma nin por deporte meternos cos propietarios de vivendas”. Suárez Barcia reiterou que “simplemente aquelas que non cumpran os requisitos de seguridade pública, salubridade e ornato son requiridas en primeiro lugar con absoluta elegancia e educación para que fagan as reparacións oportunas. Pero se, como é este caso e hai outros moitos, desatenden sistematicamente os requirimentos dende o Concello acabamos poñendo multas coercitivas, sancións ou outros elementos que soan un pouco máis duros pero que son necesarios, porque precisamente cando agora temos estes temporais é cando se veñen as cornixas abaixo, se desprenden os caneiros, as lousas van á vía pública e poden ocasionar prexuízos para os viandantes e para os cidadáns en xeral”.
O alcalde ribadense engadiu que “polo tanto dende o Concello para nada perseguimos a ninguén. Neste caso hai máis dun ano iniciamos os requirimentos para que aseguraran unha serie de elementos e despois de moitos meses aínda a día de hoxe non o chegaron a facer. Si é certo que estes propietarios concretamente pediron licenza de obra para unha parte concreta, pero non para aquelas outras que xustifican o perigo, como é a cornixa e outros elementos que a día de hoxe seguen sen arranxar. Por isto están requiridos, agora dunha maneira moito máis seria e perigosa no caso de non a atender”.
Fernando Suárez subliñou que “dende o Concello, tanto no casco vello como no resto do termo municipal, seguiremos actuando para garantir a seguridade pública dos viandantes e para garantir tamén que Ribadeo sexa un lugar atractivo e no que non haxa ruínas indecentes en zonas que son moi concorridas pola poboación en xeral”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



