Santiago, 11 de febreiro de 2014.- Na tarde deste martes no Pleno do Parlamento de Galicia debaterase a iniciativa da que é autor o voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, e na que se reclama a posta en marcha dun plan para que os emigrantes galegos no exterior poidan converterse “nos mellores embaixadores dos produtos galegos e, moi en particular, dos nosos peixes e mariscos”
“Pedimos á Xunta , a través dunha proposición non de lei, que elabore, impulse e execute un plan para que, en colaboración coas comunidades galegas no exterior, potencie e faga posible a promoción dos produtos galegos de gran calidade”-explico o portavoz popular.
PESCA, AGRICULTURA, GANDERÍA E ARTESANÍA
Balseiro aclara que aínda que fan especial fincapé nos produtos do mar, o plan debería incluír outros produtos galegos como a agricultura, gandaría ou artesanía que tamén merecen o apoio do Goberno galego e o respaldo da acción das comunidades galegas no exterior.
O PAPEL DAS COMUNIDADES NO EXTERIOR
“Os nosos emigrantes son, desde os países nos que residen, os perfectos embaixadores da nosa terra” –dixo Balseiro- quen salientou os esforzos que xa realizan tanto no ámbito da promoción turística, como sobre todo no da valorización do noso patrimonio cultural e histórico. “Agora tamén poden ser os mellores embaixadores dos produtos galegos, dos tesouros da nosa terra e do noso mar”
O parlamentario popular significou que Galicia conta con importantes comunidades galegas no exterior espalladas por distintos países do mundo –especialmente no continente americano– e propón contar coa súa colaboración e apoio para dar a coñecer en todo o mundo a gran calidade dos produtos da súa terra de orixe: dos nosos peixes, mariscos e dos produtos do sector agro-gandeiro.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



