Mondoñedo, 4 de febreiro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo condenou este martes o ataque vandálico que sufriu a súa sede local ao amencer a fachada con manchas de pintura negra.
Os populares explican que non é agradable atoparse con este tipo de actos que son mostra da falta de tolerancia e de respecto e que evidencian un descoñecemento total de cales son os valores democráticos.
Dende o PP aseguran que isto non se pode aceptar como unha simple anécdota polo que os populares denunciaron ante a Garda Civil un feito no que, segundo os populares, se intentan impoñer accións que non se poden aceptar como medio de expresión.
Máis alá dos danos económicos que pode supoñer esta acción vandálica, os populares consideran necesario que se garanta a liberdade de ideas e máis nun municipio como o de Mondoñedo, característico pola súa tranquilidade.
Fronte a este tipo de actuacións, os populares reafírmanse no seu compromiso de seguir a traballar na defensa dos intereses dos veciños e amosan a súa máxima dispoñibilidade a atender ás propostas dos mindonienses.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



