Lourenzá, 28 de febreiro de 2014. O ximnasio municipal de Lourenzá foi adxudicado á empresa local Ana Sport, que ten un mes de prazo para reabrir as instalacións. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destaca o amplio horario e as actividades que ofrecerá.
A rexedora municipal anunciou que “as instalacións do ximnasio municipal, que está situado no Campo da Feira, no lugar da Gracia, xa ten adxudicatario, despois de que rematara o proceso administrativo coa propia adxudicación na xunta de goberno local, logo de que foron estudadas as distintas propostas económico administrativas presentadas pola mesa de contratación. O proxecto presentando polo promotor obtivo a máxima puntuación en todos os aspectos. Valorouse a oferta económica, o proxecto en si, o prezo do servizo e tamén a experiencia”.
Emma Álvarez engadiu que “a proposta económica que presentou foi de 400 euros anuais, é dicir 100 euros máis do prezo de partida. E no tocante ao proxecto valoramos positivamente, por un lado, o amplo horario de apertura ao público que terá: de luns a venres de 10 a 13:30 e de 17:30 a 22:30 e os sábados de 10:30 a 14 horas. Tamén valoramos positivamente as distintas actividades que son susceptibles de desenvolverse neste ximnasio se hai demanda por parte dos usuarios: ximnasia de mantemento, psicomotricidade para nenos, pilates, tonificación, just pump, spinning, zumba ou ioga, entre outros; así como os distintos tipos de masaxes que pode ofertar o titular que contratará para dar este servizo: desde masaxes relaxantes, terapéuticos ou circulatorios a outros como masaxes chinos, deportivos ou neuromusculares. Ademais conta cunha ampla gama de aparatos para traballar de xeito individual e tamén hai sauna”.
A alcaldesa considera que “é unha boa nova para os usuarios do ximnasio, que están esperando a que dunha vez por todas se reanude a actividade e con este proceso queda fixado como prazo máximo un mes para a súa apertura. Tamén é unha nova importante dende o punto de vista municipal, xa que a adxudicataria é coñecedora do sector e ademais é veciña de Lourenzá e temos a esperanza de que se contrata xente sexa tamén deste municipio. Concretamente a adxudicataria deste servizo é unha empresa coñecida no concello por ter unha tenda de deportes: a firma Ana Sport”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



