LUGO, 18 DE FEBREIRO.- Os Alcaldes socialistas mantiveron este martes unha reunión de traballo na sede do Partido para achegar posturas con respecto á Lei de reforma da Administración Local, aprobada polo Goberno Central. Neste senso, os Rexedores, xunto co secretario de Política Municipal –Álvaro Santos- acordaron que, antes do 28 de febreiro, presentarán un recurso de conflito ante o Tribunal Constitucional, ó considerar que dita normativa vulnera a autonomía dos Concellos, pois afecta, entre outras cuestións, ós servizos mínimos obligatorios, “o que podería provocar que estes pasen a mans privadas e lles custen máis aos usuarios. É dicir, o único que persegue é reducir e eliminar os servizos públicos, fomentando a privatización”.
Deste xeito, o secretario de Política Municipal e deputado provincial subraia que, os Concellos nos que goberna o Partido Socialista, “imos a combater con todas as ferramentas que temos ao noso alcance esta contrarreforma impulsada polo Ejecutivo de Mariano Rajoy porque non só é inxusta, senón que atenta contra a igualdae dos cidadáns en función de donde vivan”.
“Somos profundamente municipalistas”
A este respecto, engade: “somos profundamente municipalistas e non imos permitir o estangulamento ao que está sometendo o PP aos municipios”, baseado nos efectos que terá a aplicación da reforma, que impedirá que os cidadáns accedan en igualdade de condicións ós servizos públicos municipais.
Os prazos legais impoñen que o acordo debe ser aprobado nos Plenos locais antes do 28 de febreiro. Posteriormente, o Consello de Estado terá que emitir un informe, e xa antes do 28 de marzo (cando se cumpre o prazo legal de tres meses da aprobación da lei) este será abordado polo Alto Tribunal.
Invade as competencias locais
O recurso denuncia que a Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local invade as competencias locais, vulnera a autonomía municipal, impón unha subordinación dos Concellos ás Deputacións e, sobre todo, ó Ministerio de Facenda. Asimesmo, establece unha diferenza arbitraria entre os municipios, segundo teñan máis ou menos de 20.000 habitantes.
Negan que o axuste teña razóns orzamentarias
Os Alcaldes socialistas da provincia negan que o axuste teña razóns orzamentarias, xa que, no momento de presentar a Lei, os Concellos sumaban unha débeda de 30.000 millóns de euros en todo o Estado; ”unha factura ridícula en comparación coa das autonomías e do Goberno Central”. Ademais, 10.000 millóns desa débeda corresponden só a Madrid, que sumou 8.000 baixo a Alcaldía de Gallardón, e a Valencia; as dúas Comunidades gobernadas, precisamente, polo Partido Popular.
“Escúdanse na eficiencia e na sostibilidade cando a débeda dos Concellos é do 4%, tendo en conta, ademais, que desta porcentaxe máis do 1% correspóndelle só o de Madrid. Por tanto, municipios como os lucenses non os os culpables, non son os responsables do incremento da débeda pública, xa que prestan servizos de gran eficiencia económica e social”, destaca Álvaro Santos.
Co pretexto de paliar a débeda das administracións, ademais de eliminar competencias ós Concellos, tampouco simplifica o entramado administrativo, xa que deixa sen cobertura xurídica a prestación de servizos consolidados ó longo dos últimos anos cunha gran demanda social: medio ambiente, xuventude, infancia, inmigración, muller, cultura, terceira idade, axuda domiciliaria, vivenda, escolas infantís ou bandas de música.
Retira servizos ós cidadáns e destruirá emprego
Concremente, retira ás entidades locais competencias en materia de Educación e Benestar Social, o que afectará a moitos usuarios e causará a perda de centos de postos de traballo. Pero é que ademais, afirman os Rexedores lucenses, non ofrece solucións, é dicir, “non ofrece recursos a quenes teñen que asumir estas competencias, as Deputacións e as Comunidades, pero en cambio si que crea un grave problema á cidadanía que queda sen estes servizos”.
As entidades locais, subliñan, “son hoxe en día o último colchón onde caen os cidadáns, e o que pretenden facer con nós non é racionalización, pois a normativa tamén ilegaliza axudas ó estudo e ó transporte escolar e anula o artículo 28 que permite que colaboremos con outras administracións”.
A política do Partido Popular é “asfixiar aos Concellos e subir os impostos”. Por este motivo, consideran que “estamos ante a agresión máis brutal á autonomía local nunca antes levada a cabo por ningún goberno”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



