Las Hijas del Divino Celo – Rogacionistas contaban dende xaneiro de 2011 coa Certificación de Calidade ISO9001:2008 auditada pola Entidad Bureau Veritas para o Centro de Protección de Atención de Día San Aníbal de Burela.
Na recente auditoría ampliouse tamén ó Centro Casa de Familia que acolle a nenos, nenas e adolescentes en situación de garda e tutela pola Xunta de Galicia. Nesta nova Certificación Bureau Veritas destaca como puntos fortes a intervención e a coordinación cos profesionais dos servizos sociais e cos centros educativos. Tamén destaca a intervención e participación das familias.
Os centros de protección San Aníbal son atendidos por un equipo multidisciplinar de 14 profesionais do ámbito social, educativo e psicopedagóxico.