Cervo, 18 de febreiro de 2014- O Concello de Cervo deu a coñecer este martes o programa de actividades do Entroido de Cervo e San Cibrao, que inclúen os tradicionais desfiles en ambos núcleos así como outras iniciativas. O primeiro en celebrarse será o de Cervo, que está organizado pola Asociación Airiños do Xunco coa colaboración do Concello e comezará o sábado 1 de marzo (18:30 horas) cun play-back infantil no salón de plenos da Casa Consistorial.
O Domingo de Entroido, o 2 de marzo, será o momento do desfile. Ás 17 horas todos os participantes concentraranse no pavillón do CEIP Cervo para a inscrición, mentres o desfile arrincará ás 18 horas. Ao remate terá lugar a entrega de premios aos mellores disfraces nas categorías individual, parellas, grupos e comparsas (máis de 8 persoas), que consistirán en figuras de Gudín e cestas con produtos típicos de Entroido. Ao mesmo tempo, o prazo para apuntarse xa está aberto, e as comparsas que o fagan antes do 28 de febreiro levarán unha cesta só por inscribirse. Para iso, poden chamar aos teléfonos 600 96 83 44 (Rafa) e 982 55 76 13 (Azucena).
O Martes de Entroido o desfile será en San Ciprián, a partir das 17:30 horas. Antes, ás 17 horas, a charanga “As Farangullas” comezará a animar as rúas da vila. O percorrido do desfile partirá da praza dos Campos, onde se concentrarán todos os participantes, en dirección á Avenida da Mariña e a Ría, volta pola Avenida da Mariña ata Pedregal para rematar de novo na praza dos Campos. Nese mesmo lugar haberá festa ao remate do desfile coa orquestra Aramio. E ás 22:30 horas terá lugar a cea de Entroido que organiza o CIT, no Restaurante Buenavista. A recollida de tickets farase no local do CIT.
En canto aos premios, repartiranse un 2.300 euros distribuídos nas categorías de individual, parellas, grupos e comparsas (máis de 9 persoas) e que á súa vez subdividiranse por idades en infantil, xuvenil e adulto. Tamén se entregarán vales de consumición a todos os participantes que se anoten ata o 28 de febreiro. As inscricións pódense facer na Casa da Cultura de San Cibrao de 9 a 13:30 e de 17 a 20 horas de luns a venres. Tamén se aceptarán inscricións fóra de prazo, e incluso o día do desfile, na praza dos Campos de 16 a 17 horas, aínda que nestes casos perderase o dereito a recibir os vales para consumicións. A partir das 17 horas as persoas que se inscriban poderán participar no desfile pero quedarán excluídas do concurso.
A entrega de premios será na Praza dos Campos (co disfrace posto), ás 20 horas para infantil e xuvenil e ás 22 horas para adultos.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



