Este sábado 22 de febreiro os sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela desprazáronse a Piantón-Vegadeo para realizar a ruta Mazo de Meredo que suspenderan a causa do temporal que azotuo varias comunidades do norte. Participaron nesta ocasión trinta camiñantes que iniciando a ruta en Piantón e pasando polas aldeas de Arcilo e Cobre, chegaría ata o Mazo de Meredo, que formou parte do conxunto de abundantes ferrerías desta zona dende o século XVIII configurando unha importante industria de traballo do ferro. Este mazo está nunha área recreativa que nos ofrece, ás orillas do río Suaron, unhas paisaxes preciosas. A continuación continuaron a marcha ata a Casona de Sestelo, un impresionante edificio construído no século XIX para albergar unha fábrica de papel pasando a ser un orfanato durante a Guerra Civil. Ó terminar a ruta, e para repoñer forzas, participaron nunhas xornadas no restaurante Jano, onde lles sirviron un menú degustación que satisfixo ó máis esixente dos camiñantes. A vindeira ruta será polo concello máis extenso de Galicia, A Fonsagrada, o 8 de marzo.
