Lourenzá, 17 de febreiro de 2014. A representación teatral a cargo de Trípode abarrotou este domingo, o salón de actos do Concello de Lourenzá, que este vindeiro domingo, día 23, ás sete da tarde acollerá a última obra do ciclo Febreiro teatreiro. A compañía O Batán, de Cangas de Foz, ofrecerá a obra Cambadelas. O prezo da entrada é de un euro.
A concelleira de Cultura, Lupe Flórez Seivane, explicou hoxe que na actuación de Trípode o salón de actos “rexistrou un cheo total, para ver a peza titulada Xuízo anticorrupción, coa que o trío fixo pasar unha tarde de risas ao público asistente, que tamén interactuou no desenrolo da obra”.
Lupe Flórez engadiu que “a última compañía que vai pechar o Febreiro teatreiro é O Batán, de Cangas de Foz, que vai poñer en escena Cambadelas, un libreto de Francisco Piñeiro. Será o vindeiro domingo, 23 de febreiro, ás sete da tarde no salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá. Agardamos que sexa do gusto do público asistente para que o peche deste ciclo teatral lles deixe un bo sabor de boca”.
A concelleira de Cultura rematou agradecendo “a masiva afluencia ás representacións, o que nos anima a seguir traballando na programación de ciclos teatrais”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



