O CD Burela FS Pescados Rubén resultou o seu segundo derbi galego da segunda volta con contundencia. A escadra de Quico Otero non tivo demasiadas complicacións para impoñerse esta tarde sobre o Cidade das Burgas, cun claro 0-7, con hat-trick goleador da pichichi mariñá, Peque, e doblrete da meta Jozi.
As laranxas saltaron á pista de Os Remedios para facer fronte a un rival moi pechado, á expectativa. Pouco a pouco as filas burelistas encontraron os ocos idóneos para comezar a mover o electrónico. Así, no minuto 9, Peque inaugurou con 0-1 cun belísimo disparo dende os dez metros que se colou pola escadra. Bea Mateos completou a factura goleadora da primeira parte para o Pescados Rubén no 16, aproveitando un rechace da porteira ourensá a lanzamento de Cris.
Tralo descanso, as locais mantiveron os seus posicións sen intención de efectuar saídas sobre a pista laranxa. No minuto 29, Peque volveu a encontrar a rede de As Burgas tras cortar un pase das ourensás e colocarse soa ante a meta rival. Tan so un minuto despois a pichichi do Burela FS culminou o 0-4, asistida por Lidia, tras un saque rápido de Jozi.
No minuto 36 o Cidade intentou frear as embestidas das mariñás co xogo de cinco, pero os seus desexos chocaron coa realidade. En poucos segundos, a guardameta Jozi anotou o 0-5 a porta baleira. O conxunto de As Burgas pelexou ata o final sen xerar perigo. Xa na recta final Lidia e Jozi volveron a encontrar gol en porta baleira, completándose o definitivo 0-7.
As burelistas cumpriron o obxectivo para seguir á caza do líder. Con 46 puntos, deberán esperar a este sábado para ver qué pasa co duelo directo entre Atlético de Madrid Navalcarnero (47) e Ciudad de Alcorcón (43).
Ficha técnica
Cidade das Burgas FS: Ana, Natalia, Sonia, Iria e Nerea, cinco inicial; tamén xogaron Candela, Elvira, Antía, María Arias e Elena
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia e Daniela, cinco inicial; tamén xogaron Lidia, Cris e Silvia
Goles: 0-1, minuto 9, Peque; 0-2, minuto 16, Bea Mateos; 0-3, minuto 29, Peque; 0-4, minuto 30, Peque; 0-5, minuto 36, Jozi; 0-6, minuto 39, Lidia; 0-7, minuto 39, Jozi
Árbitros: Andrés Fernández // Miguel Ángel Restejo (Ourense)
Tarxetas: Por Cidade das Burgas amarelas a Sonia e Candela.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
