Esta fin de semana a base laranxa deixarase ver pouco na casa. Dos diez encontros programados para esta xornada, tan só tres se poderán presenciar en Vista Alegre: os conxuntos Benxamín, Alevín e Infantil C, que se verán as caras con CFS Cidade de Viveiro, Escolas Celeiro Xove e ED Riotorto o sábado, a partir das 10.00 horas.
No resto dos encontros de Deporte Escolar, Xove será o destino para o Cadete B e o Infantil B o venres; este último desprazarase a Barreiros tamén o sábado.
En Autonómica, cadetes e infantís mediranse á ED Vigo 2015 o domingo. O conxunto infantil tamén terá dobre traballo; o venres saltará á pista do CD Mare Nostrum.
Na Liga Prebenxamín da Mariña, a ED Burela FS xogará fronte ás Escolas Celeiro Xove FS, o domingo.
Selección Galega
Esta fin de semana tamén é prolífica para as concentracións coa Selección Galega. Os cadetes burelistas Aarón Fernández, Noé Cabana e Mamadou Diouf foron convocados para unha concentración no Carballiño, entre o venres e o domingo. O pavillón Paco Chao da localidade ourensá tamén acollerá a estadía do combinado irmandiño infantil, na que participarán os laranxas Luismi Nieto e Néstor Valle.
Liga Autonómica Cadete
ED Vigo 2015-CD Burela FS
Domingo 9 de febreiro, ás 17.00 horas, no pavillón de Navia de Vigo
Liga Autonómica Infantil
CD Mare Nostrum FS-ED Burela FS
Venres 7 de febreiro, ás 20.30 horas, no pavillón Os Campóns de Cambre
ED Vigo 2015-ED Burela FS
Domingo 9 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón de Navia de Vigo
Deporte Escolar
ACD Xove Cadete-CD Burela FS Cadete B
Venres 7 de febreiro, ás 19.15 horas, no pavillón municipal de Xove
ACD Xove Infantil-ED Burela FS Infantil B
Venres 7 de febreiro, ás 18.15 horas, no pavillón municipal de Xove
EDM Barreiros Infantil-ED Burela FS Infantil B
Sábado 8 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Barreiros
ED Burela FS Infantil C-ED Riotorto Infantil
Sábado 8 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED Burela FS Alevín-Escolas Celeiro Xove FS Alevín A
Sábado 8 de febreiro, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED Burela FS Benxamín-CFS Cidade de Viveiro Benxamín
Sábado 8 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Prebenxamín da Mariña
Escolas Celeiro Xove FS-ED Burela FS (Prebenxamín 1)
Domingo 9 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón de Celeiro






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
