“Dende o momento no que apareceu o primeiro anteproxecto do que hoxe xa é a LOMCE, as asociacións de nais e pais de alumnos dixemos sempre que esta Lei pretendía botar ás familias fóra dos centros educativos. Agora, coa lei xa aprobada, imos ir comprobando, paseniñamente, como aqueles primeiros ditos estanse convertindo en realidades”, explican dende a Confederación de Anpas Galegas.
“Esta lei deseña un modelo formativo, que non educativo, encamiñado exclusivamente á obtención de traballadores, un sistema utilitarista do ensino, onde o paso do alumnado polas aulas só se xustifica pola consecución de competencias que servan para a súa futura integración no mercado laboral”, critican.
“E nese contexto, as familias, as nais e pais do alumnado, non queren que teñamos nada que dicir; e así reduciron drasticamente as posibilidades de decisión dos consellos escolares, e así tamén, como sae estes días na prensa, retírannos, e tamén llelo fan ao propio profesorado, a capacidade de crear un consenso real na escolla dos directores ou directoras dos centros educativos”.
“Pero as familias somos parte da comunidade educativa, e o noso dereito é participar activamente na educación dos nosos fillos e fillas de acordo co resto dos actores desa comunidade, e moi nomeadamente de acordo co profesorado”, consideran.
Por iso, dende a Confederación de Anpas Galegas, rexeitan “totalmente a nova normativa de elección de directores que apareceu bocexada na prensa estes días, e sumámonos á idea de que non existan candidaturas que non veñan avaladas pola comunidade escolar no seu conxunto, para a que vida dos nosos colexios continúe, malia a LOMCE, coa normalidade democrática que lles cómpre”.





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



