A sesión da xunta de goberno do ente provincial acordou as contas xustificativas de 16 obras de mellora en dotacións públicas municipais, financiadas na súa totalidade pola Deputación con 116.400 euros do Plan de Comunidades Veciñais. Os Concellos beneficiados destas actuacións son: Begonte, Castro de Rei, O Corgo, A Fonsagrada, O Incio, Lourenzá, Navia de Suarna, O Páramo, A Pastoriza, A Pontenova, Rábade e Ribadeo.
Derradeiras obras do 1º centro público en España de recría de gando vacún
A Deputación tamén avanza na construción do 1º centro público en España de recría de gando vacún na granxa Gayoso Castro. A Xunta de Goberno deste venres aprobou iniciar a contratación do equipamento das 13 naves de recría, achegando para elo 310.000 euros. Este orzamento forma parte dos 6 millóns de euros que o organismo provincial inviste en solitario na derradeira e segunda fase destas obras.
Nas instalacións chairegas, o organismo provincial está a ultimar na actualidade os traballos de formigonado das naves. Unha vez rematadas estas actuacións, iniciarase a instalación deste equipamento (14 arrobadeiras, 2.110 metros de cornadizas automáticas..). Posteriormente, proseguirase coa instalación eléctrica, coa construción de 16 silos de penso e pesebres exteriores, así como coa da depuradora capaz de xestionar o 100% dos residuos, transformándoos en enerxía. O centro estará listo no 2015, triplicando a capacidade de recría existente en Galicia ó ofrecer 3.000 novas prazas e reactivando a economía.
Reforzo do servizo tecnolóxico
A Deputación reforza o servizo tecnolóxico gratuíto que ofrece a Concellos dende o Centro de Atención ó Usuario (CAU), tendo en conta as máis de 1.000 consultas que atende ó ano dos municipios. A Xunta de Goberno acordou iniciar a contratación desta prestación, achegando para elo 550.000 euros de fondos europeos do Innova-TE. Dende o CAU, a institución presta asesoramento e resolver dúbidas sobre o funcionamento da administración electrónica, factura electrónica, Internet…O éxito desta iniciativa é tal, que cidadáns en xeral e entidades luguesas tamén fan as súas propias consultas.
“O PP non quere transparencia”
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, fixo referencia ás declaracións do Partido Popular sobre o proceso de contratación do servizo de vixilancia da Deputación, e salientou que “as críticas sen ningún tipo de fundamento que fixo a señor Candia están cheas de incongruencias, mostra da súa total ignorancia sobre o funcionamento da administración”. Martínez explicou que, tal e como a Deputación xa informou o pasado vernes logo da Xunta de Goberno, a institución aprobou unha rectificación no prego de contratación do servizo de vixilancia para “evitar posibles confusións ou fraudes, garantir o concurrencia de todas as empresas interesadas, así como os empregos dos traballadores que actualmente prestan servizo. É un exercicio de transparencia. Non PP non quere transparencia”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



