Burela, 28 de marzo de 2014. Na sesión plenaria celebrada este xoves en Burela aprobouse a liquidación de 2013 que se saldou cun resultado positivo de 330.000 euros. O alcalde, José Mª González Barcia, considera que a xestión realizada polo equipo de goberno foi eficaz e seria e que se basea en gastar menos do que se ingresa e en pagar o que se debe.
O rexedor dixo que “no pleno celebrado onte á noite en Burela aprobamos a liquidación do presuposto de 2013 que ofrece uns resultados francamente positivos para a economía municipal. Así os ingresos netos recoñecidos do ano pasado ascenderon a 6.725.185 euros, é dicir esta cantidade é a que o Concello sabe que cobrou durante todo ano pasado. En cambio o Concello gastou 6.394.783 euros. Iso quere dicir que o resultado presupostario é favorable para as arcas municipais en 330.402 euros”.
Para José Mª González Barcia “a xestión que se fixo desde o equipo de goberno, e que ven avalada por eses datos, foi eficaz e seria. Estamos bastante satisfeitos do resultado da liquidación do presuposto de 2013, porque o remanente de tesourería que presenta dita liquidación ascende a 1.386.000 euros”. O alcalde explicou que “para chegar a estes números tan positivos para a economía municipal centrámonos en dous eixos fundamentais: non gastar máis do que se ingresa, tal e como pasa en calquera casa, e pagar o que se debe. Esa é a mellor forma de facer política social. E digo isto porque onte no pleno houbo algunha crítica por parte dos grupos da oposición cara a falla de política social do equipo de goberno e isto é radicalmente mentira”.
Para o rexedor burelés “o que non se pode facer desde un equipo de goberno é gastar máis do que se ingresa, o que non se pode facer desde un equipo de goberno é non pagar o que se debe e o que non se pode facer desde un equipo de goberno é non tomar ningunha iniciativa, e iso pasou en Burela durante catro anos non hai moito tempo. No que se refire a este equipo de goberno e a esta Alcaldía está clara cal é a liña de actuación. Non hai mellor política social que non gastar máis do que se ingresa e pagar o que se debe para que os provedores, os pequenos empresarios, os autónomos, os comerciantes… que serven e subministran ao Concello cobren en tempo e forma e que ao mesmo tempo poidan manter os seus postos de traballos”.
González Barcia considera que “non convén deixar de lado que o Concello de Burela o ano pasado cumpriu estritamente coa lei de morosidade, é dicir estamos pagando as facturas en tempo e forma. De feito as facturas que entraron no Concello durante o mes de xaneiro deste ano están todas pagadas. Iso quere dicir que o Concello cumpre coas súas obrigas e faino razoablemente ben”.
“Outra boa forma de facer política social é a de adoptar iniciativas, tal e como fixo este equipo de goberno, de fixar dúas áreas de solo empresarial dentro do PXOM: a do Perdouro e a da Puída. Cando o documento se aprobe de xeito definitivo o Concello terá dúas bolsas de solo para ubicar empresas, cousa que ata o de agora non había e iso ten que quedar claro, porque si nós desde o equipo de goberno lles podemos facilitar ás empresas solo para se ubiquen aquí estamos a facer política social, porque estamos favorecendo a creación de postos de traballo e o asentamento de poboación en Burela”, segundo engadiu o alcalde.
Cota da cabala
No capítulo de mocións “o Grupo Mixto presentou unha moción que vai en contra dos intereses da flota de Burela que se dedica á cabala. O señor Pillado Mon presentou unha moción onde defende os intereses da flota das Rías Baixas, e tenta confundir aos cidadáns acusando á Xunta de que non negocia os incrementos das cotas”, sinalan desde o equipo de goberno.
O grupo de goberno indica que “a Xunta ten demostrado o seu compromiso á hora do incremento das cotas de pesca, de feito a cota de cabala incrementouse este ano, aínda que segue a ser insuficiente, pero incrementouse, cousa que antes non se facía. E nós o que lle pedimos á Xunta é que continúe a traballar co goberno central e coa Unión Europea para incrementar ano tras ano as cotas, xa non só as da cabala, senón as das distintas especies para que as nosas flotas sexan sostibles economicamente”.
Para o equipo de goberno do Concello burelés “o máis grave de todo é que o Grupo Mixto tenta confundir á opinión pública defendendo os intereses da flota de Portosín, por exemplo, cando resulta que a flota de Burela o que quere é manter o reparto que está fixado polo ministerio, basearse en principio nese reparto e logo chegar a acordos entre o propio sector. A flota de Burela defende a distribución actual que é do 70 + 10 + 10 +10, un 70% para os dereitos históricos, un 10% segundo a potencia de cada barco, un 10% segundo o número de tripulantes e outro 10% de cota lineal para cada embarcación”.
Desde o grupo de goberno subliñan que “isto é o que pide a flota de Burela, entón o que lle pedimos tanto o BNG como ao PSOE foi que non apoiasen o texto presentado nesa moción porque vai en contra dos intereses da flota da cabala de Burela. O que non nos parece lóxico é que veñan aquí o PSOE e o BNG descoñecendo cal é a realidade dos nosos mariñeiros e defendendo intereses dos mariñeiros das Rías Baixas. Parécenos un contrasentido e por iso lles pedimos que a retiraran, como non o fixeron votamos en contra da súa moción e presentamos unha enmenda na que instamos á Xunta e ao goberno central a tres cuestións: que sigan a negociar os incrementos das cotas en todas as especies, pero neste caso concreto no que se refire á cabala; que se negocie co sector o reparto do incremento de cota, o cal nos parece lóxico, aínda que a flota de Burela opta polo 70 + 10 + 10 + 10; e que se continúe a negociar coa Unión Europea de cara a minorar e a flexibilizar as sancións que foron aplicadas a España, e por extensión a Galicia, por sobrepesca durante os gobernos da época socialista, durante os anos 2009 e 2010”.
O grupo de goberno de Burela entende que “esta postura, que ademais está falada co sector de Burela, é a máis lóxica. Sentimos moito que o PSOE e o BNG non fosen capaces de cambiar de posición e defender os intereses da nosa flota. Quedan perfectamente retratados os que defendemos os intereses da flota de Burela e os que se basean en mocións tipo que lles envían desde as sedes centrais dos seus partidos, non consultan co sector de Burela e logo presentan cousas que si as aprobásemos irían en contra dos intereses dos nosos mariñeiros”.
O equipo de goberno pídelles a BNG e PSOE “que lles expliquen aos mariñeiros de Burela porque piden unha distribución da cota de cabala distinta á que quere o sector pesqueiro burelés”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



