Viveiro, 14 de marzo de 2014.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este venres Viveiro para coñecer de primeira man os investimentos feitos o ano pasado no concello ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Rueda estivo acompañado da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e da alcaldesa da localidade, María Loureiro.
O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que a Xunta puxo en marcha hai catro anos para que, por primeira vez en Galicia, os concellos galegos puideran beneficiarse das explotacións de enerxía eólica, grazas ao canon eólico.
No caso concreto de Viveiro, nos dous últimos anos investíronse máis de 220.000 euros que teñen permitido levara cabo importantes actuacións para o concello como a rexeneración ambiental do casco histórico -con contenedores soterrados- e a dotación de servizos na área recreativa de Celeiro, ata a que se achegou Alfonso Rueda.
Ademais, Viveiro tamén participou nun proxecto compartido da Mancomunidade da Mariña que foi subvencionado con outros 90.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental e que permitiu a mellora da recollida selectiva do lixo nos concellos da Mancomunidade.
Precisamente, Rueda destacou a importancia da cooperación entre concellos e da colaboración das administracións locais coa Xunta para poder levar a cabo iniciativas deste tipo, que redundan nas arcas municipais, pero sobre todo nos veciños e no medio ambiente, posto que subvenciona actuacións vinculadas á conservación do medio natural.
Segundo explicou o vicepresidente, o Fondo de Compensación Ambiental configurase como unha aposta da Xunta polos concellos, pola conservación do Medio Ambiente e por dotar aos veciños de mellores servizos; unha aposta que o goberno renovará este ano permitindo aos concellos beneficiarse de novos das explotacións eólicas. Só o ano pasado financiáronse en Lugo case 50 proxectos e se investiron máis de tres millóns de euros.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



