Foz, 14 de marzo de 2014. A xunta de portavoces do Concello de Foz reuniuse para abordar asuntos como a actualización dos prezos da auga, a aplicación do incremento no canon de Sogama pola recollida de lixo e o plan especial do porto. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destacou a boa disposición que tiveron os representantes dos grupos da oposición.
O rexedor municipal explicou que o obxectivo da reunión, celebrada onte, era “tratar temas de gran importancia para o Concello de Foz e que probablemente se debaterán en próximos plenos. Para tratar de avanzar no diálogo e na comunicación e información decidimos facer unha xunta de portavoces”.
Javier Castiñeira especificou que “un dos temas se abordou foi a actualización dos prezos da auga, un asunto que leva varios anos pendente de facerse, que estaba á espera dun informe técnico sobre a aplicación da fórmula polinómica, sobre o que había certa disparidade entre os grupos. Encargouse un informe a un enxeñeiro que realmente aclara bastante a postura que debe levar o Concello e contrástaa coa da empresa Gestagua. Nese informe técnico, que foi entregado aos grupos da oposición para que o valorasen, contrástase cal debe ser o coeficiente que hai que aplicar para esa actualización de prezos que leva sen facerse dende o ano 2008, o que carrexa unhas débedas importantes dos abonados e o responsable é o Concello coa compañía concesionaria por non aplicar as fórmulas que veñen no contrato. Tratamos de resolvelo porque senón seguiremos avanzando nesa débeda e dende logo será un problema que se vai a maiores vai causar un prexuízo grave ao Concello. O que fixemos foi entregar ese informe técnico para intentar chegar a un acordo coa fórmula a aplicar cos técnicos de Gestagua, cos que quedamos para manter unha próxima reunión o vindeiro martes”.
En segundo lugar o alcalde explicou: “intentamos avanzar tamén no referido ao canon de Sogama, se se debe aplicar e en que contía. O Concello está preparando un informe técnico nese sentido para valorar os custes do servizo e o que pode supoñer de incremento esa subida do 37,5 por cento que Sogama vai aplicar ao Concello. Hai que analizar se se vai repercutir iso nos abonados ao servizo de recollida de lixo ou se o Concello asume ese custe, que supón cerca de 80.000 euros que habería que quitar doutras partidas. Loxicamente eu entendo que quen debe custear o servizo son os abonados e se se aplicara na súa totalidade repercutiría en case un euro mensual por cada casa. Vaise valorar por parte da corporación e a ver que se decide. Nós o que queremos é avanzar e ver cal que a opinión da maioría da corporación”.
Castiñeira comentou ademais que “queda a disposición dos portavoces o plan especial de Portos, que tamén terá que debaterse no pleno para a súa aprobación por parte da corporación, que é necesaria. Ese plan especial que era tan demandado polo grupo de goberno e tamén pola oposición, que Portos de Galicia elaborou e que é o paso previo a que, unha vez aprobado po parte da corporación, poida saír a concesión e se poida avanzar canto antes na reorganización da zona portuaria, que é moi apta para o desenvolvemento do pobo de Foz”.
O rexedor focense destacou que “estes foron os asuntos prioritarios que se debateron. A verdade é que houbo moi boa disposición en xeral por parte dos portavoces, dialogouse abertamente e creo que se pode avanzar en moitas cousas antes de debatelas nas comisións informativas e nos próximos plenos”.
Javier Castiñeira rematou explicando que “tamén se deu a listaxe do recoñecemento extraxudicial de facturas que quedaron sen contabilizar por falta de orzamento, que vai na mesma medida que o ano pasado. Non houbo incremento e tampouco houbo descenso das facturas que quedaron fóra de recoñecemento, que son arredor de 420.000 euros. Varias circunstancias foron as que levaron a non poder esgotar o orzamento: unha delas é que estamos cun orzamento prorrogado, que non está actualizado, e outra é que houbo varias facturas que non estaban dentro dos orzamentos pero houbo que pagalas, como foi unha de 100.000 euros pola devolución dunha licenza a un propietario. Moitas desas circunstancias e a falta de actualización dos orzamentos levan a que varios provedores estean pendentes do cobro das facturas ata que estas sexan aprobadas polo pleno. Espero que, como veu acontecendo sempre ata agora, o pleno da corporación dea a súa aprobación, se contabilicen nos orzamentos deste ano e se poidan pagar esas facturas a estes provedores”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



