Cervo, 8 de marzo de 2014-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso e representantes dos bares e restaurantes participantes deron a coñecer hoxe o programa completo da XXIII Festa do Ourizo, declarada de Interese Turístico Galego e que se celebra o día 15 de marzo en San Cibrao.
Nesta ocasión son 12 os locais de hostalería da vila que, ao longo de todo o día, prepararán o ourizo a través de diferentes e variadas receitas, dende as formas tradicionais ás máis innovadoras. Neste sentido cabe destacar a versatilidade do produto, que ofrece infinitas posibilidades culinarias. “El sabor especial del erizo en manos de los hosteleros locales convierten esta fiesta en una cita gastronómica única” explica Alonso.
Así, o equinodermo poderase probar nos seguintes locais: Racións A Sombriza, Pizzería O Trasgo, Bar Candal, Restaurante Cafetería Boavista, Cervexería O Encontro, Taberna do Nordeste, Bar CIT, Mesón A Bodega, Restaurante Terraza O Noso Lar, Urban Pub Terraza, Bar Camarote e Bar Maruxaina.
Unha festa na que ademais de degustar o ourizo ofrécense de forma habitual outras actividades, que complementan a festa e a fan máis atractiva. É o caso, por exemplo, das Xornadas Técnicas sobre o ourizo, que chegan á edición número 14 e que nesta ocasión terán lugar nunha carpa instalada na Prazoleta, ao carón da Casa da Cultura. A inauguración terá lugar ás 12 h. e ás 12:15 h. o Concello dará a benvida á Confraría do Ourizo de Xixón, que será partícipe desta festa ao longo do día.
Cociña en vivo
Ademais este ano, seguindo coa liña da edición anterior, as Xornadas Técnicas consistirán nun espectáculo de cociña en vivo no que expertos chefs galegos amosarán ao público as mellores e máis orixinais formas de preparar o ourizo. Un show cooking ofrecido polos cociñeiros estrela Michelín Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira “Camiño da Serpe”, e Alberto González, do restaurante Silabario, ambos acompañados da súa colaboradora e tamén cociñeira Arantxa Costas.
Un evento que será moi participativo e no que os cociñeiros implicarán ao público amosándolles, paso a paso, como elaborar exquisitos pratos nos que o ingrediente base será o ourizo, e que os asistentes poderán degustar acompañados dun viño. “Estas jornadas son una ocasión especial para conocer y probar las propuestas culinarias de erizo que nos ofrecen los cocineros más reconocidos” asegura a edil.
Concurso Gastronómico
Outro dos eventos que veñen a enriquecer a Festa do Ourizo é o XIII Concurso Gastronómico do Ourizo que arrincará ás 13:30 horas na Casa da Cultura. Un certame aberto aos locais de hostalería que participan na festa e no que poden concorrer presentando pratos nos que o ourizo sexa o ingrediente principal. Cabe destacar que cada local poderá presentar ata dúas especialidades diferentes. Un xurado multidisciplinar será o encargado de valorar os pratos e de elixir os tres mellores, que serán premiados. “Este concurso es una buena forma de fomentar la creatividad de nuestros hosteleros, que trabajan año tras año para explotar al máximo el sabor del erizo a través de recetas innovadoras” explica a edil de Turismo.
Da mesma maneira a degustación do ourizo nos bares e restaurantes continuará ao longo do día e estará animada a partir das 20 horas polas charangas Manca na Cheda, (Mondoñedo), Charanga de Vilalba e Aturuxo (Ribadeo), así como os gaiteiros Airiños do Xunco (Cervo). Ademais, pola tarde, ás 19 h. no Auditorio da Casa da Cultura, haberá unha actuación musical coa Coral de Ruada.
A XXIII Festa do Ourizo está organizada polo Concello de Cervo e sae adiante coa participación dos establecementos hostaleiros, coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, a confraría de pescadores de San Cibrao; e o patrocionio da Xunta de Galicia e Porto de Ferrol.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.