Burela 28 de marzo de 2014.- O salón de conferencias da antiga biblioteca de Burela acolleu na tarde deste venres a primeira charla informativa que a comisión provincial do PP de Lugo leva a cabo ao abeiro da campaña “no amor non te cegues, usa as gafas malva”.
Dita campaña, que foi presentada o 24 de novembro, data anterior ao Día Internacional contra a violencia de xénero, ten como obxectivo lanzar á sociedade unha mensaxe para descubrir a desigualdade e previr a violencia de xénero, invitando aos cidadáns a pór uns anteollos malva para mirar dunha forma diferente a realidade e incorporar a perspectiva de xénero no noso día a día.
Neste senso, a comisión provincial da muller dos populares lucenses, coordinada pola edil Mari Teijeiro, ratificou neste concello de A Mariña o seu compromiso de ser axente activo na loita contra a violencia de xénero dende as xeracións máis novas da sociedade e lembrou a finalidade desta campaña, que non é outra que, mediante o uso simbólico dunhas lentes malvas, ensinar a mirar con outros ollos.
“Unha utilización simbólica destas lentes malva coas que aprenderemos a traballar estereotipos e falsos mitos que envolven a realidade que sofren a diario moitas mulleres converténdonos en axentes contra a violencia de xénero con un compromiso claro de denunciar e non permitir nin unha soa mostra de ataque á igualdade ou de violencia cara ás mulleres”- esgrimiu a coordinadora da comisión provincial da muller, Mari Teijeiro.
Se o día da presentación da campaña foi o líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, acompañado da coordinadora da Comisión Provincial, Mari Teijeiro, e da coordinadora sectorial de Igualdade, Pilar Varela, o encargado de ler un manifesto, hoxe foi a quenda de Celso Taboada Lorenzo, representante da Asociación Galega de Homes pola Igualdade, quen impartiu unha charla informativa co obxectivo de prever esta lacra.
Algo que según Teijeiro é unha estratexia intencionada xa que o PP de Lugo considera “fundamental que as novas xeracións de homes, rapaces e nenos conten con referentes positivos de outros homes que axuden neste proceso de visualización de certas realidades que agochan un machismo implícito” e hai homes implicados na loita pola igualdade, poren consideran importante mostralos con orgullo.
Ao longo deste ano, terán lugar diversas actividades en varios puntos da provincia, uns actos que culminarán na capital lucense.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



