Foz, 21 de marzo de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, agradece o traballo realizado polos efectivos que participaron na extinción do incendio forestal iniciado este xoves en San Acisclo. Estímase que afectou a case 50 hectáreas de monte e que as perdas superan os 200.000 euros, pero non houbo que lamentar danos persoais e evitouse que chegara a vivendas.
O rexedor municipal focense explicou na mañá deste venres que “este desgraciado incendio que tivemos na parroquia de San Acisclo e que pasou cara ao concello de Valadouro, concretamente en Moucide, foi de bastante envergadura. A valoración inicial dunhas 20 hectáreas creo que se quedou corta e practicamente estamos no dobre, con case 50 hectáreas de monte afectado. Estamos a falar duns danos importantes pero en definitiva só son materiais no monte porque non chegou a afectar a ningunha vivenda, que era o principal obxectivo das brigadas no momento máis complicado, que foi arredor das 8 da tarde, cando o lume estaba máis descontrolado”.
Javier Castiñeira destacou que “os medios de extinción estiveron moi acertados. Houbo moita colaboración tanto da Xunta de Galicia como do Estado e tamén os medios propios de Protección Civil máis o grupo de emerxencias supramunicipal de Cervo. O medo que tíñamos era que se metera a noite con chamas pero antes das doce practicamente os frontes estaban xa extinguidos. Axudou moito que á noitiña refrescara e caera esta choiva, que veu moi ben para arrefriar a zona. Houbo momentos nos que había máis de dez brigadas na extinción do incendio, de seis a oito motobombas traballando e varios helicópteros da brigada de Ourense. A todos eles quero agradecerlles o seu labor.”
O alcalde de Foz engadiu que “agora queda avaliar os danos económicos, que probablemente pasen dos 200.000 euros, facendo unha valoración grosso modo. O máis importante é que non hai que lamentar ningún dano persoal nin en casas”.

























O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



