O Burela FS Pescados Rubén pelexará mañá nunha gran final polo obxectivo do play off na pista dun rival directo, Montesinos Jumilla FS (17.00 horas, pavillón Carlos García Ruiz). O encontro da 24ª xornada da elite chega antes dun dobre descanso para os pupilos de Juanlu Alonso; tras a parada ligueira pola Copa de España Logroño 2014 (13-16 de marzo), a escadra mariñá gozará da xornada de descanso o día 22.
“A nosa motivación é máxima, é unha grande oportunidade para nós; se non sumamos seguimos con opcións, pero se conseguimos gañar daremos un paso moi importante” explicaba o técnico dos laranxas, que defenden a sétima praza (30 puntos) en pugna co Ríos Renovables. En fronte terán o equipo revelación da tempada, un novel que, desde a súa actual novena praza (26 puntos), aspira a coarse entre os oito privilexiados do play off.
“É un equipo que aproveita moi ben o ambiente que se xera no seu pavilllón. Unido iso á intensidade con que xogan dálles un plus” advertía o técnico burelista sobre a fortaleza dos levantinos na casa; tan só Inter Movistar (2-4), Magna Navarra (2-4) e Barcelona (1-5) deixaron ao Montesinos sen puntuar no seu feudo e Marfil Santa Coloma (1-1), ElPozo Murcia (3-3) e Jaén (2-2) conseguiron arrebatar o empate.
A expedición galega, que xa adestrou na mañá deste venres en Jumilla, viaxou coa ausencia de Christian, en repouso desde a semana pasada por unha rotura parcial de ligamento colateral medial; Hugo, na recta final da súa recuperación de intervención de menisco, aínda non dispoñerá da alta médica para a cita de mañá.
Na primeira volta Vista Alegre concedeulle os puntos ao CD Burela FS, con 2-0.
Rivais directos
Os compromisos dos rivais máis próximos dos burelistas, Santiago Futsal (sexto, 32) e Ríos Renovables (oitavo, 30) -coa xornada de descanso xa superada-, pasan pola visita do todopoderoso ElPozo Murcia (segundo) a Tudela e o desprazamento dos composteláns á pista do Jáen (undécimo).























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
