Foz, 10 de marzo de 2014. O goberno municipal de Foz amosouse sorprendido polas críticas ao Entroido da localidade realizadas polo portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, porque “é a primeira vez que un membro da corporación intenta politizar e danar a imaxe deste festexo, que é de todos os focenses”, manifestou este luns o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
“Ao grupo de goberno parécenos bastante incoherente que unha persoa que estivo moitos anos traballando na organización do Entroido (cando foi concelleiro de Cultura) que sexa o primeiro que o critica, cando nunca se tratou de politizar. Eu creo que é a primeira vez na historia que un grupo político trata de politizar o Entroido de Foz, que non é de ningún partido político nin da corporación municipal nin do grupo de goberno, senón que é de todos os focenses. Aquel que critique o Entroido de Foz está intentando danar a imaxe do noso concello e dun dos mellores Carnavais de Galicia. Parécenos incoherente que sexa o primeiro que critique a todos aqueles compañeiros que lle axudaron a el mesmo a facer esas festas”, dixo o rexedor municipal.
Javier Castiñeira engadiu que “entendemos esas críticas do señor Cancio posto que sabemos que a esta persoa o Carnaval de Foz dálle igual e o primeiro que fai cando se achegan estas festas é organizar viaxes coa súa asociación para ir a outros Entroidos, como é o de Lalín, e sacar á xente do pobo”.
O alcalde tamén explicou que “como en todo, no Entroido puido haber fallos e cousas que poderemos ter que corrixir pero dende logo non vamos deixar que ninguén, sobre todo da corporación, trate de danar a imaxe dun dos mellores Entroidos de Galicia. Polo tanto dicímoslle ao señor Cancio novamente que deixe de criticar, que deixe de tratar de danar a imaxe do pobo querendo danar a do grupo de goberno. Ese señor que critica as festas, que está todo o día dicindo que hai que quitar orzamentos das festas para facer outras cousas, chama a atención que sexa o primeiro tamén que critique a súa organización. Pero temos que dicirlle ao señor Cancio que todos os que estivemos na organización e todos os traballadores municipais estamos moi contentos do resultado do Entroido. Non houbo ningún tipo de problema nin incidentes e a participación foi moita, como todos os anos. Polo tanto, estamos moi contentos e moi tranquilos e dicímoslle ao señor Cancio que reme a favor, que se deixe de tirar pedras contra o seu propio tellado e que o grupo de goberno está para colaborar, sempre en positivo e non en negativo como está facendo el dende que está na oposición”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



