Cervo, 14 de marzo de 2014. O BNG leva ao pleno que se celebrará na casa consistorial de Cervo o próximo luns tres mocións para as que pedirá o apoio da corporación. Pretenden discutir a contrarreforma da lexislación sobre a interrupción voluntaria do embarazo que converte ás mulleres en suxeitos pasivos que pasan a ser tutela da administración nun dereito tan elemental e persoal como decidir sobre o seu propio corpo. Ao BNG tamén lle preocupa a situación dos e das traballadoras autónomas asfixiadas pola crise económica e sen apoio real das administracións gobernadas polo PP que fora de discursos grandilocuentes de apoio ao sector, aplican pola vía do BOE reformas ás agachadas que os asfixian aínda mais. Por último pídese a marcha atrás da reforma da administración local que supón unha involución na capacidade de prestación de servizos polos concellos para reforzo as Deputacións que deberan desaparecer por representar un modelo caduco, antidemocrático e que xera duplicidades.
A CONTRARREFORMA DA LEI DO ABORTO SERVE AOS INTERESES IDEOLÓXICO MAIS RANCIOS DA SOCIEDADE
O goberno do PP pretende co ante proxecto de Lei actual un retroceso de década que vulnera dereitos consolidados das mulleres no referido á súa saúde sexual e reprodutiva. Baixo premisas falsas e mentiras sobre o que se estabelece na actual lei, a nova normativa impulsada polo Ministro de Xustiza pretende aplicar o programa ideolóxico dos grupos ultra relixiosos que se opoñen aos dereitos das mulleres sen responder, en ningún caso, a criterios económicos nin sanitarios.
RECLAMAN QUE SE PARALICEN AS SUBAS NAS COTIZACIÓNS DE PERSOAS AUTÓNOMAS E PEQUENAS EMPRESAS
Desde o BNG pídenlle ao goberno do Estado que dea marcha atrás na suba das cotizacións ás persoas autónomas, xa que “o único que conseguen con estas medidas é afogar máis ao sector e impedir o crecemento económico que, a día de hoxe, ten un sustento fundamental no autoemprego e pequenas empresas.” A formación frontista tamén vén de solicitar do Ministerio que se facilite o acceso destas persoas ao paro cando teñen que pechar os seus negocios, xa que “a realidade é que, na práctica, o 80% das persoas que o solicitan ven como llelo denegan a pesares de ter cotizado por este concepto”. Neste sentido o BNG puxo en marcha unha batería de iniciativas en concellos, Parlamento Galego e Cortes Xerais para frear o incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas e PEMEs.
A REFORMA DA ADMINITRACIÓN LOCAL IMPEDIRÁ A MOITOS CONCELLOS OFRECER SERVIZOS QUE SE PRESTAN NA ACTUALIDADE E REFORZA AS CADUCAS DEPUTACIÓN PROVINCIAIS
A reforma local aprobada recentemente reforza un modelo centralista e provincialista, asentando as deputacións como apéndices executores das políticas deseñadas desde o Goberno central, xa que no canto de acometer a revisión a fondo do modelo destas institucións provinciais, atribúelles máis competencias, para consolidar unha organización administrativa homoxénea en todo o Estado español. Deste xeito, vólvese a impedir definitivamente que desde Galiza se poida articular, en función da súa realidade territorial, un mapa institucional local galego propio.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



