As persoas con fillos ou fillas nacidos entre o 2 de xaneiro de 2011 e o 1 de xaneiro de 2014 poden solicitar un pagamento único por fill@ menor de tres anos.
Trátase dunha prestación económica de 360 euros que se pode solicitar nas oficinas do CIM de Viveiro (Avda. Cervantes s/n – Claustros San Francisco) dende o martes 18 de marzo ata o 24 de abril en horario de 09.00 a 14.00 horas.
A orde pola que se establecen as súas bases, segundo informa o CIM de Viveiro, recolle como requerimento non ter presentada a Declaración da Renda no 2012.
Para maior información poden acudir ó Centro de Información ás Mulleres ou chamar aos números de teléfono 982 55 04 21 – 982 56 21 49.