CERVO, 13 DE MARZO. O Concello de Cervo segue celebrando Xuntas de Goberno ó mesmo ritmo que estes últimos anos, en pouco máis de mes e medio “xa podemos recontar un total de sete Xuntas. Parece que neste 2014 seguiremos dotando ó concelleiros que asisten a elas e non perciben adicación exclusiva nin parcial dun salario encuberto”, subliñan dende o Grupo Municipal Socialista.
Os socialistas veñen denunciando esta maneira de actuar do equipo de goberno do PP de Cervo durante toda esta lexislatura, “cada asistente ás Xuntas recibe por cada unha delas 150 euros, a unha media 40 anuais suman un total de 6.000 euros que veñen a equiparar ás adicacións parciais. Xa no 2011 acordamos en pleno que se celebrarían dúas ó mes, sobre 24 ó ano, é moi curioso que estes últimos tres anos teñan que dobrar esta cifra. Ou a previsión do traballo non é a axeitada ou efectivamente están a pagar salarios encubertos a certos edís”.
Vistos estes feitos, consideran esta actitude como un completo engano ós veciños, “non podemos entender que esta sexa a forma de actuar do noso goberno, non parece transparente nin xustificable. De feito, pedimos en varias ocasións explicacións e qué casualidade que, ou non tivemos resposta ou sempre desviaron o tema de maneira que non se contestou realmente á nosa dúbida. Sinceramente, é máis ca sospeitoso”.
Máis salarios e Balseiro ausente
En canto a salarios, o Concello de Cervo debe moitas explicacións, alomenos esa é a impresión dos socialistas, “ademais destes soldos encubertos a certos edís, seguimos pagando 1.900 euros mensuais a unha persoa que firma como xefa de prensa, pagamos a outra persoa por realizar labores de coordinación que poderían asumir técnicos do propio concello e tamén temos un gasto importante contando con varias persoas que realizan traballos noutras instalacións. Non acaban de entender que o noso municipio con apenas 5.000 habitantes non pode asumir todos estes gastos”.
Por último, subliñan que “é destacable tamén das Xuntas de Goberno que o tenente de alcalde, José Manuel Balseiro, das sete celebradas só asistiu a dúas. O que demostra o que lle ocupan e lle preocupan os temas do Concello e os veciños de Cervo”.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



