Lugo, 11 de marzo de 2013. O delegado da area de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, e a vicepresidenta da Escudería Miño, Maite Vilanova, presentaron este martes, no salón de actos do Pazo de San Marcos unha nova Xuntanza do Automobilismo Lucense, que na súa quinta edición terá lugar este sábado, 15 de marzo, durante toda a xornada no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo e a súa explanada de aparcadoiro. Na presentación desta V Xuntanza do Automobilismo Lucense tamén estiveron presentes varios pilotos lucenses, entre eles Pedro Burgo e Juan López, cos seus vehículos de competición na praza de San Marcos.
Esta actividade, que segundo Mario Outeiro “pretende poñer en valor o deporte do motor, así como resaltar a relación social que une a pilotos, copilotos, mecánicos, a multitude de axudantes e colaboradores e a toda a grandísima afección que fan posible a realización de moitos eventos ao longo de todo o ano”, está organizada de novo pola Escudería Miño coa colaboración da área de Deportes da Deputación de Lugo.
Tal e como indicou Mario Outeiro, “este evento permite que entren en contacto a moitas persoas do mundo do motor, que poñen en común as súas experiencias e crean lazos de unión nun día máis festivo que competitivo e no que tamén senten o apoio de toda a afección. Tamén é un día de presentación dos novos pilotos que tomarán a saída durante a tempada polo que constitúe unha importante oportunidade para darse a coñecer. Somos conscientes de que o mundo do motor move moita xente en Lugo e isto é unha xornada por e para eles”.
“Desde a área de Deportes da Deputación de Lugo, – continuou Outeiro- a colaboración co mundo do motor abrangue a todas as partes: cos equipos e escudarías a través da liña de axudas en concorrencia competitiva, cos pilotos a través das axudas para deportistas individuais e de maneira concreta no patrocinio das diversas probas que se celebran por toda a nosa xeografía”.
Esta nova edición da Xuntanza do Automobilismo lucense vai ofrecer a todas as persoas que se acheguen ao Pazo de Feiras e Congresos a posibilidade de ver de preto, durante a mañá e toda a tarde do vindeiro sábado, a arredor de 40 equipos cos seus vehículos e todo o equipo técnico dos equipos lucenses de rallys de asfalto, de montaña, todoterreo, históricos, velocidade e slálom de cara á nova tempada que comeza. A partires das 10 da mañá os equipos xa terán montado os seus stands nas inmediacións do Pazo e estarán abertos á visita do público e prensa. Entre as 16:30 e 17:00 horas as autoridades visitarán os diversos equipos e xa a partires das 17:00 horas os vehículos realizarán a súa presentación e un slálom espectáculo.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
