O xurado do Antroido de Viveiro 2014 formado por José Manuel Moreno Moreno, Seminario Terra de Viveiro; Dolores Fernández Basanta, Coral Polifónica Alborada; Cruz Penso Gato, Asociación Cultural Bágoas da Terra; Begoña Lorenzo Pigueiras, e Jesús Fernández Fernández, Colectivo Chilindrín-Penalba; con Rosario A. Basanta Gabeiras, coma secretaria; despois de presenciar o desfile do Antroido e feitas tódalas deliberacións resolveu que os premio serían:
CATEGORÍA INDIVIDUAL:
3º premio 50 € O home do monopoly
2 º premio 60 € Mary poppins
1º premio 70 € Cafe cafe
CATEGORÍA GRUPOS:
3º premio 120 € Con las manos en la masa
2 º premio 170 € As bruxas
1º premio 220 € Sismundilain
CATEGORÍA COMPARSAS:
1º premio 300 € Los muchachos de la Loles
CATEGORÍA CARROZAS:
3º premio 200 € OS surfeiros
2 º premio 300 € A fachenda da parroquia. Orquesta Variedades
1º premio 500 € David o gnomo
ESPECIAL Ó HUMOR: 120 €: ONU
ESPECIAL A ORIXINALIDADE: 120.00 €: O paritorio local
Axudas carrozas (euros):
200.00 Dulcelandia
200,00 Monster High
200.00 A Fachenda da Parroquia
200.00 Os vikingos
200.00 David el Gnomo
200.00 Mariñeiros Geriatros
200.00 Casa Up
200.00 Os surfeiros
200.00 Julgado de Palma






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



