Lugo, 21 de abril de 2014. O delegado de Cultura e Turismo e portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, anunciou, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, que veñen de aprobarse as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas da provincia de Lugo para os gastos de tempada 2013 – 2014 pola súa participación en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de primeira ou segunda categoría absoluta estatal.
A Deputación, a través da área de Deporte, destinará un total de 1.250.000 euros, dos cales 725.000 euros están dirixidos a sociedades anónimas deportivas; mentres que os 525.000 euros restantes se destinan para clubs e entidades deportivas. Neste sentido, Outeiro explicou que “a subvención percibida por calquera dos beneficiarios nunca poderá superar o 50 por cento do orzamento financiable presentado por cada un dos solicitantes, e a actividade a financiar terá que desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do presente ano. Así mesmo, os beneficiarios terán tres meses a maiores, até o 31 de marzo de 2015, para xustificar os gastos realizados”.
Así mesmo, o delegado lembrou “o interesante que resulta esta liña de axudas para clubs, entidades e sociedades anónimas deportivas, xa que, no caso de que o beneficiario o solicite, poderase realizar un anticipo como entrega de fondos que en ningún caso superará o 60% da axuda concedida. Neste caso, procederíase ao pagamento do 40% restante unha vez presentada a documentación xustificativa da actividade subvencionable”.
A cantidade concedida en cada subvención fai referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total da actuación subvencionada, xa que, este ano, como novidade, as entidades beneficiarias deberán facerse cargo, cando menos, do 5% do custo total da actuación subvencionada.
O prazo para a presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a partires da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia, que se materializará nos vindeiros días.
“Esta liña de axudas da Deputación de Lugo en materia deportiva é unha proba máis do noso compromiso coa dinamización da actividade deportiva en toda a provincia; e de que a Deputación de Lugo é, das Deputacións do Estado, a que máis diñeiro inviste en deporte por habitante, só superada polos cabildos insulares e Guipúscoa, que contan cun réxime fiscal diferente. Isto contrasta coa política doutras administracións, como a Xunta de Galiza, que reducen drasticamente os seus investimentos en deporte” – concluíu Outeiro.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



