Ribadeo, 21 de abril de 2014. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo da semana santa. O rexedor subliña que se incrementaron nun 30% as consultas realizadas nas oficinas de turismo da vila e da praia das Catedrais. En total as feitas estes días foron preto de 3.000. O rexedor insiste na necesidade de elaborar un plan de ordenación da praia das Catedrais. O día de venres santo arredor de 20.000 persoas visitaron o areal con marea baixa. As inmediacións colapsáronse de coches e Suárez Barcia advirte que calquera día ocorrerá algún accidente grave. Hoxe o alcalde mandoulles sendas cartas ao presidente da Xunta e ao ministro de Medio Ambiente en demanda de axuda e dun plan para a praia das Catedrais.
O rexedor dixo que “temos que recoñecer que esta semana santa en Ribadeo, desde o punto de vista do sector servizos, da hostalería, dos hoteis, dos hostais, dos restaurantes, foi moi boa, a xulgar polas miles e miles de persoas que se achegaron nestes días a este noso concello. De todo iso dan boa proba os datos que me pasan desde a oficina de turismo de Ribadeo e desde o punto de información turística das Catedrais, onde se atenderon un 30% máis de peticións de consultas de información turística que nas mesmas datas do ano pasado, o que supón todo un éxito”.
Fernando Suárez explicou que “na oficina de turismo de Ribadeo atendéronse 1.230 consultas e no punto de información turísticas das Catedrais, que abrimos para esta semana santa, rexistráronse un total de 1.460 consultas. Nótanse estes novos treitos abertos da A-8, tanto en sentido Galicia, como en sentido Asturias, é moi significativa a importancia que tiveron estes tramos porque por primeira vez os galegos atópanse na primeira posición das persoas que piden información de Ribadeo nas nosas oficinas de turismo situándose nun 24%, seguidos dos madrileños cun 16%, despois están Castela-León e Euskadi, que rexistra un incremento importante con respecto a anos anteriores. A ocupación hoteleira en toda a semana santa estivo de media nun 85%, aínda que chegou ao 100% nos días máis fortes deste período”.
O alcalde ribadense felicita ao sector hostaleiro: “parabéns a todos e valorar o traballo do sector servizos, que deu o mellor de si, tanto en hostalería, restauración, hoteis, casas de turismo rural, etc, e é algo que nos da ilusión e moitas ganas para seguir traballando cada un no seu papel no noso concello. Sei de moitas experiencias positivas destes días, de xente que chega e que di que lle gusta moito o casco vello, como está quedando, como están as casas amañadas, isto indícanos que debemos seguir polo mesmo camiño”.
Fernando Suárez segue moi preocupado pola praia das Catedrais: “e ao mesmo tempo temos unha xoia da coroa que se está a revelar coma o factor máis importante de atracción turística nestes últimos tempos, como é a internacionalmente coñecida praia das Catedrais, e aínda que si ben é algo que nos enche de orgullo é tamén algo que nos preocupa, dado o nivel desaforado de visitas que recibe a praia ata o punto de que este areal se acabe estragando polo uso intensivo, masivo e sistemático de visitantes”.
O rexedor comprende que “todo o mundo queira ver As Catedrais e paréceme ben, pero mentres Xunta, Ministerio de Medio Ambiente e Deputación xunto co Concello, que non ten competencias e que parece que é o único que ten aquí algo de sentidiño para pedir que se organice esta zona, que se fagan aparcamentos amplos e distanciados da praia; que se limite, chegado o caso, o acceso de tantas persoas; que se impida estar por enriba dos cantís, porque calquera día haberá unha morte ou un accidente grave de calquera persoa que caerá do cantil en baixo; e todo isto é todo o que estamos fartos de pedir e de clamar no deserto”.
O alcalde lembrou que “só contamos co apoio da Deputación de Lugo, que na medida das súas posibilidades nos está a apoiar, pero polo demais asistimos a un silencio clamoroso por parte da Xunta e do Ministerio. De aí que no día de hoxe lle acabe de enviar unha carta ao presidente da Xunta e outra ao ministro de Medio Ambiente para que dunha vez por todas poñan en marcha as medidas para dotar a este espazo dunha previsión real e efectiva de ordenación e de conservación do lugar, para xestionar os usos socioeconómicos e para colaborar na dotación económica que faga posible a próxima declaración como parque natural”.
Para Suárez Barcia “calquera das praias que son, xunto coas das Catedrais, as máis importantes do mundo todas están recollidas ou catalogadas como parques naturais ou en elementos dunha protección importante, menos a nosa. Entre todos imos acabar matando a galiña dos ovos de ouro. Eu quero que veña xente a Ribadeo porque supón una aliciente importante para a economía local, pero penso que flaco favor lles imos facer a eses visitantes si van a sitios masificados e si acaban aparecendo en romarías, como é no que se está a converter da praia das Catedrais”.
O rexedor agarda que “o presidente da Xunta e o ministro de Medio Ambiente se dean conta, xa non polo que lles está a dicir o alcalde de Ribadeo, senón polo que a cidadanía nas redes sociais ou nos medios de comunicación están a demandar máis alto que nunca”.
O día de venres santo As Catedrais foi visitada en marea baixa por unhas 20.000 persoas, segundo os datos que manexa o alcalde. Os accesos ao areal e os aparcamentos quedaron moi pequenos para acoller a todo este número de visitantes. Toda a zona estivo colapsada durante unhas horas. As colas de coches chegaban ata o acceso á autovía A-8. A mesma situación se viviu tamén o día de xoves santo. Hai que lembrar que o verán pasado nun só día do mes de agosto, en plena ponte festiva, contáronse 10.000 persoas visitando As Catedrais.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



