Lourenzá, 21 de abril de 2014. Os concellos de Alfoz, Barreiros, Lourenzá e Trabada sacarán a concurso a xestión conxunta dos residuos en base ao estudo elaborado e presentado este luns en Vilanova de Lourenzá polos profesores do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago José Atilano Pena López e José Manuel Sánchez Santos.
No acto estiveron os alcaldes dos catro concellos, que son Emilio Lousas Muíña (Alfoz), Alfonso Fuente Parga (Barreiros), Emma Álvarez Chao (Lourenzá) e José Manuel Yanes Ginzo (Trabada). A todos eles o estudo pareceulles moi interesante e decidiron que para aproveitar ese aforre de custes elaborarán unha bases e sacarán a concurso a xestión compartida dos residuos sólidos urbanos en base a este informe.
José Atilano Pena López explicou que “la conclusión básica del informe es que con la gestión conjunta para estos cuatro municipios cabe la posibilidad de reducir los costes de prestación del servicio hasta un 25 por ciento. La vía está en cambiar los trazados de los recorridos y al mismo tiempo optimizar las frecuencias; es decir, aprovechar al máximo la rotación actual de contenedores que existe en este momento. Por estas dos vías simplemente en esta gestión conjunta de estos cuatro municipios puede llegar a ahorrarse hasta un 25 por ciento, lo que es más que relevante. Caben otras vías adicionales, pero son pasos que se darán posteriormente”.
E José Manuel Sánchez Santos destacou que é unha iniciativa “especialmente pertinente en un contexto de restricciones presupuestarias como en el que se encuentran las administraciones locales y que en última instancia contribuye a mejorar la eficiencia en la prestación del servicio. El objetivo último es que se traduzca en beneficios para los usuarios”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



