Lugo, 24 de abril de 2014. O salón de actos do Pazo de San Marcos acolleu, esta mañá, a entrega de premios dos concursos de banda deseñada, vídeo e manifesto que organizan a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración cos concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense, así como co apoio desta institución provincial, dentro do proxecto Correlingua, unha iniciativa de carácter nacional que transita a través dunha a outra localidade cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade.
Na entrega de galardóns desta nova edición dos concursos do proxecto Correlingua, que cumpre 14 anos e que nesta ocasión se organiza baixo o lema “Galego, o paso adiante”, en alusión ao verso do poema Penélope: “Un paso adiante e outro atrás, Galiza”, da obra Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano; participaron o vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, o delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro, así como Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino; Marcos Maceira, permanente da Mesa; e Marta Dacosta, coordinadora do Correlingua.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga lembrou que “desde a área de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo apoiamos esta iniciativa, e sempre intentamos reforzar ese afán de pór en valor e dinamizar o uso da nosa lingua e da nosa cultura entre a mocidade, organizando actividades para os máis novos como pode ser o programa estival Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación, que cos Mércores Miúdos e cos Xoves de Cultura Aberta, achegan a nosa lingua e a nosa cultura a un sector da sociedade que é clave para que o galego perdure no tempo”.
Na categoría de banda deseñada, resultou gañador o curso de 5º A do Colexio Divina Pastora de Lugo, co traballo “Viaxe ao pasado”; mentres que na categoría de Vídeo impúxose o IES Elviña, da Coruña, co proxecto audiovisual “Un paso adiante”. No concurso de manifestos, resultou vencedor o texto “Un paso adiante” de Os Ameneiros, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, texto que será o manifesto oficial do Correlingua 2014, e do que se fará lectura en cada unha das doce carreiras que se organizan no marco do Correlingua nesta edición, e que percorrerán as localidades de Pontevedra, Vigo, Tui, A Estrada, O Morrazo, Ourense, A Coruña e Foz.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



