Burela, 30 de abril de 2014 | A exposición dos premios “Alma de Artesanía”, composta polas pezas artesás gañadoras da primeira edición do galardón, fai parada no concello de Cervo. A mostra, que clausura hoxe a súa estadía en Burela, trasládase á Casa da Cultura de San Cibrao. A inauguración será este venres, 2 de maio, ás 19:00 horas.
A este acto de apertura, ao que está convidado o público en xeral, asistirá unha representación das autoridades locais e da Mancomunidade da Mariña Lucense, así como artesáns e artesás, tanto participantes no concurso como impulsores do certame. No programa do acto servirase un viño aos asistentes.
Os visitantes que se acheguen a coñecer a exposición poderán contemplar de xeito gratuíto as creacións dos gañadores: na categoría de Artesanía Tradicional, a peza “Berce” do carpinteiro Miguel Fernández e na de Artesanía Contemporánea, “Acollemento” da ceramista Pilar Rei.
Tamén están expostas as obras dos artesáns que se fixeron coas mencións dos “Premios Adquisición”: Dolores Trasancos, por “Anfora Rachada”; María del Carmen López, por “Anfora Arqueoloxía”; Pilar Elvira Felipe, por “Medusa”; Francisco Fraga, por “Lámpada Cubos” e Hilario Rubal García, por “Xoias Terrón de Azucre”.
“Alma da Artesanía” chega a Cervo, despois de pasar por Foz, Ribadeo e Burela. A exposición forma parte do conxunto de iniciativas que se recolle no convenio asinado en xullo entre a Axencia Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, para promocionar a zona.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



