Ribadeo, 11 de abril de 2014. Esta Semana Santa Ribadeo acolle unha feira multisectorial que contará coa representación dunhas 40 firmas comerciais. Celebrarase dende o xoves 17 ao domingo 20 no aparcamento do centro comercaial Eroski, en Vilar.
Un dos organizadores do evento, Ángel Rojo, explicou que se desenvolverá “en la explanada del parking del centro comercial Eroski en una carpa de aproximadamente 1.000 metros cuadrados con zona exterior y en ella va a haber diferentes stands de las comarcas de A Mariña y del Occidente de Asturias. Entre ellos tenemos comercios y servicios en general, gastronomía, moda, artesanía, música, ocio, eventos, etcétera. Habrá representación de unas 40 firmas comerciales de Asturias y Galicia fundamentalmente, pero también de otras comunidades autónomas”.
Ángel Rojo destacou ademais que “habrá una zona dedicada a los más pequeños para que familias y grupos de amigos puedan acudir con los niños a pasar un buen rato. Es una zona infantil bastante amplia denominada Chiquilandia. Todo esto en un espacio que tiene fácil aparcamiento y además habrá sorteos de cheques regalo. Tendremos un amplio horario: desde las once de la mañana hasta las diez de la noche los cuatro días, de jueves a domingo”.
Rojo comentou que a feira multisectorial de Ribadeo é unha boa alternativa para os veciños da zona e para os turistas que a visiten na Semana Santa porque “pueden pasar un rato y luego seguir conociendo los diferentes atractivos turísticos que ofrece el municipios ribadense, A Mariña y el Occidente de Asturias.”
O evento está organizado pola empresa Conoce Ferias coa colaboración do centro comercial Eroski, de Ribadeo.






















O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



