Lugo, 16 de abril de 2014. Cando en abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) do goberno bipartito, sacou a liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea de apostar por unha produción de alimentos sans e de calidade, tanto a CMR como os/as titulares das granxas, asumían durante cinco anos un compromiso: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR facíase responsable do pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor.
O Partido Popular, unha vez que volveu ao goberno galego, como non podía eliminar estas axudas, aplicou un constante recorte que rematou na anualidade do ano 2012, que aínda se resolveu no pasado mes de marzo, cando o executivo de Núñez Feijoo demostrou o escaso interese que ten no sector de vacún de carne galego: nesta resolución, a Xunta deixaba sobre o 75% das solicitudes que cumprían cos compromisos fora das axudas, ao tempo as aprobacións estaban cheas de irregularidades con expedientes aprobados con importes altos de máis e outros que nin sequera deberan estar aprobados.
Visto a situación, a Federación Rural Galega-FRUGA comezou unha campaña informativa denunciando este abuso onde puxo a disposición de todos/as os/as afectados/as un recurso ante esta resolución que consideramos inxusta. Tamén celebrou unha mobilización en Lugo o pasado 18 de marzo, onde se citaron centos de persoas afectadas, que supuxo a maior manifestación do sector do vacún de carne desde hai anos e onde se esixía ao goberno galego que se aprobaran todas as solicitudes que cumpriran co pactado.
A partir de aí, a Xunta de Galiza veuse obrigada a correxir estas irregularidades e este mércores publicou unha nova resolución, pero, para a nosa sorpresa, sen poñer un euro máis riba da mesa. Deste xeito continúa deixando sen axuda a practicamente aos mesmos: das 842 granxas que procederon co acordado, só van recibir a axuda 213, é dicir, quedan fora case o 75% das solicitudes que si cumpriron.
O que a Xunta chama un “erro informático que afectou aos cálculos” foi en realidade unha chapuza, e agora ten que amañalo porque houbo quen o denunciou publicamente. Iso si, tenta arranxalo sen ter que gastar un peso. O que ten que facer é cumprir co prometido, aumentar o orzamento o necesario para, aprobar todos/as os/as gandeiros/as que cumpriron coa súa parte e punto.
Esta corrección parécenos unha broma de mal gusto do Partido Popular, primeiramente recortan estas axudas ano tras ano, despois veñen uns atrasos inxustificados con aprobacións sen que haxa o envío dunha carta tal e como se debera facer, logo fan unha aprobación da campaña 2012 irregular e agora, que teñen que corrixir erros e que poden reparar a situación, miran para outro lado e deixan as cousas practicamente como estaban.
Desde FRUGA non vamos deternos ata que as persoas que si que merecen esta axuda a reciban. Vamos plantarlle cara a esta Xunta de Galiza que agrede unha e outra vez ao sector de vacún de carne, que recorta sistematicamente as axudas, que non renova o Contrato de Explotación Sustentable (CES), que paraliza o BANTEGAL, e que non defende os intereses das granxas galegas no próxima reforma da PAC.
Por todo o anterior, continuaremos coas medidas de presión oportunas ata conseguir o que nos corresponde.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



