Para os cristiáns a Semana Santa é a máis importante do ano, consagrada a Deus de maneira especial. A Igrexa, que conmemora a paixón, morte e resurrección de Cristo, santifícase e ronóvase a sí mesma. Coñeceuse antigamente como a “Semana Grande”, título que conservou ata hai pouco. É, en efecto, centro e corazón da liturxia do ano. Nela celébrase o misterio da redención. Os antigos cristiáns estaban persuadidos da súa grandeza: un escritor dos primeiros séculos resumiuna nesta frase: “Pascua é a cume”. Débese entrar neste tempo con espíritu de paz interior e recollemento. Os días precedentes poden ser de grande actividade; a miúdo absorvidos cos preparativos para a festa, déixase o cumprimento das obrigas espirituais para o final. A monxa benedictina Aemiliana Lohr usa o fermoso exemplo dun navío entrando no porto, despois dunha longa viaxe. É unha imaxe de paz; as semanas de esforzo concluiron. A Igrexa é como esa embarcación. A coresma foi unha longa viaxe, un tempo de traballo e disciplina; pero agora na Semana Santa, o barco entra no porto: chegou o momento de descansar na paixón de Cristo. Pode que non sexa fácil sacar tempo para dedicar a Deus, pero esta idea de descansar na paixón suxire a actitude mental que convén ter ó acercarse a Semana Santa. Durante ésta, a Igrexa segue as pegadas do seu Mestre As narracións da paixón cobran nova vida coma se os feitos se repetiran ante os nosos ollos. Tódolos acontecementos que conducen ó arresto, proceso e á execución de Xesús son recordados e celebrados. Paso a paso, escena a escena, séguese o camiño que Él tripou cos seus pes durante os últimos días da súa vida mortal. A paz, o silenzo e o recollemento son precisos para percorrer os camiños da paixón. Difícil é atopar entorno mais axeitado a tal fin que o que ofrece a igrexa de San Martiño. A austeridade dos seus vellos muros ; o silencio que mesmo “escoitase”; a sobriedade enmarcada polas súas pedras que, en palabras de Alvaro Cunqueiro “parecen labradas por mans imposibles”; todo predispón á oracion, á reflexión e á consideración dos mais fondos sentimentos:
“Non me move meu Deus para quererte / o ceo que me tés prometido;
nen me move o inferno tan temido /para deixar por iso de ofenderte.
Móvesme ti, meu Deus, /móveme o verte nesa Cruz, cravado i escarnecido…
Suso Fernández



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



