Vista Alegre gozará este sábado dun maratón laranxa en estado puro cunha presenza moi especial dende a bancada. Escolares dos CEIP de Alfoz e Fondo Nois, ademais de alumnado da EDM Cervo, animarán o Burela FS Pescados Rubén nos seus compromisos ligueiros con Móstoles FSF (Primeira RFEF 16.00 horas) e Jaén Paraíso Interior (Primeira LNFS 18.30 horas).
A bomboneira tamén contará con outros espectadores de luxo, o combinado nacional de fútbol sala do Xapón, dirixida polo técnico español Miguel Rodrigo. O seleccionador nipón participará pola mañá no IV Encontro do Deporte Base na Mariña (Vista Alegre, 13.15 horas), baixo a organización da Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña; baixo o título ‘Exercicios para a asimilación do xogo con pivote’ dirixirá unha sesión práctica destinada aos xogadores da Selección da Mariña FS Cadete, así como a todo o profesorado de base da bisbarra interesado.
Descubre o fútbol sala!
Dentro do seu programa de promoción do fútbol sala, o colexio de Alfoz recibiu o luns pasado a visita do club laranxa, coa representación do técnico de Terceira División, Iván Cao ‘Lucas’, e os xogadores Iago Míguez, Juanma e Mimi. O CEIP Juan Rey de Lourenzá tamén gozou o mércores do deporte coa filosofía burelista; o alumnado de 5º e 6º de Primaria compartiron adestramentos cos técnicos da base Christian e Brenan e os xogadores/as da elite Carlitos, Claudia e Daniela.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
