As primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, en honor a Rhea, nai de Júpiter (deus do ceo). Os romanos chamaban á efeméride A Hilaria e tiña lugar o quince de marzo no templo de Cibele. Os primeiros cristiáns transformaron tas celebracións en honor da Virxe, a Nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de maio, por ser o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus e por ser o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cnnha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente. Actualmente na maioría dos países europeos celébranse o primeiro domingo de maio. Pero non en todas partes é o mesmo día, pois amais de EE.UU. tamén en Alemania se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinoamérica a data varía por motivos, ás veces, ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleo o día 30 de maio, porque nesa data era o cumpreanos de Casimira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente daquel país na década dos anos corenta; na Arxentina o día sinalado é o terceiro domingo de outubro… Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial do Día da Nai, en Foz, o ano 1968. Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, existente na vila, que presidía Martín Jaureguizar, organizara a festividade da Nai cunha velada literaria no entón Cine Cageao, ateigado de público, no que participaran rapazas e rapaces dos colexios; acto que pechara o escritor e político da República, don Ramón Fernández Mato, que entón residía na nosa vila, coa brillantez do seu verbo florido, tan ricaz en imaxes e metáforas; sen dúbida, un broche de ouro para un evento no que as flores e a poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento. Ó remate del,a directiva da asociación, trasladárase a Cordido para homenaxear no seu fogar á que naqueles intres era a nai mais vella do concello. Hai preto de medio século..
“Nai, ¡adorada nai!, mártir escura / branca pombiña, arruladora e tenra/ ¡ ai!, se souperas como me deixabas / non te morreras”. (Curros: “Na morte de miña nai”).
Suso Fernández


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



