CADERNOS DA VIAXE. Outravolta a entrega dos premios “Mestre Mateo” do sector audiovisual galego pon baixo o foco a deconstrución inmisericorde nun sector que achegaba (canda o resto das industrias culturais) antes da Gran Depresión máis do 3% do PIB galego (6% na Europa).
Hai agora 25 anos das primeiras tres longametraxes galegas (Sempre Xonxa, Urxa e máis Continental) e 15 da Lei galega do Audiovisual do 1999 que o Parlamento galego aprobara por unanimidade e definira un marco, hoxe semella que acaído, para o desenvolvemento dun sector que xerou moitísimos retornos. Pensemos que o 80% dos gastos dunha longametraxe invístense en pagar soldos aos traballadores (de 400 a máis de 1.000).
Mais o Goberno de Feijóo decidiu que o audiovisual non é un sector estratéxico. E o Goberno do Estado, ao sobir o IVE do 8% ao 21%, decidiu que a creación cultural constituía un luxo asiático, mentres que a merca de obras de arte, actividade estratéxica para as elites, recebía de contado o agasallo da rebaixa do IVE ao tipo xeral do 10%. A mensaxe era nidia: o sector non lle era grato aos gobernantes. Nas prudentes verbas dun voceiro do sector no 2012 “ de hoxe en diante convèn confiar nos Poderes Públicos”.
E, maila o 60% de taxa de desemprego sectorial e os máis de dous mil empregos perdidos desque principiou a crise, a creación audiovisual galega segue viva, amosando a altísima capacidade técnica e profesional do sector. Mais ocorre que as canles de distribución, polo menos na Galicia e no Estado, non son quen de pagar dignamente uns produtos de grande calidade. Por mor da roñería dos Gobernos actuais, ben é certo, mais tamén por erros na planificación do desenvolvemento dun sector que debeu pensar na súa internacionalización.
Mais, no que atinxe ao mercado interno, sucede que os galegos gostan dos seus produtos audiovisuais. Pero é dez veces máis doado que un produto de serie D de Hollywood chegue aos nosos mozos ca un produto sobranceiro do noso audiovisual. E iso ten solución. Custa cartos, autoaprezo e imaxinaciòn. Mais achegarà un lote de retornos económicos e sociais.
Un Paìs que non è quen de vender as sùas historias será,sempre, un Paìs irrelevante. Se non contamos as nosas historias, outros contaràn as sùas. E teremos que lles pagar royalties.
Xoán Antón Pérez-Lema



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



