Bernardo Fraga Galdo, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, e conforme á lexislacion vixente, presenta ó Pleno da Corporación Municipal de Viveiro as seguintes:
PREGUNTAS (rexistradas no mes de outubro 21-10-2013 e sen contestar)
1. O xerente do coñecido comercio de roupa “Novo” que ata fai pouco maís dun ano existía na Praza de Lugo, e que pechou pola xubilación do mesmo, donou ao Concello de Viveiro un mural de Neira Brochs coa condición de que fora colocado nun lugar público do Concello. ¿Onde se atopa o mural a día de hoxe? ¿Onde e cando está prevista a súa colocación, posto que máis dun ano despois da súa donación, aínda non foi colocado?
2. Existe un decreto, o 245/2003 (DOG 89, venres 9 maio 2003), polo que se regulan as normas de seguridade nos parques infantís. Trátase de normas mínimas de seguridade e prevención de accidentes nos parques infantís e áreas de xogo, e son de aplicación para as instalacións de uso público independentemente da súa titularidade. ¿Está o concello ao tanto da existencia desta normativa? ¿Existe un programa de revisións anuais tal como marca a mesma? ¿Ten consciencia o concello de que ningún dos parques infantís do concello cumpre con esta normativa nos seus puntos principais? (situación, accesibilidade e uso, elementos auxiliares, sinais, seguridade, marcado e mantemento e conservación)
3. Existe unha instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear, publicada no BOE do 26 de xaneiro de 2012, relativa aos criterios radiolóxicos para a protección fronte a exposición á radiación natural.
Nesta instrución indícase que os titulares das actividades laborais deben realizar os estudos necesarios a fin de determinar se existe un incremento significativo da exposición dos traballadores o dos membros do público que non poida ser considerada despreciável dende o punto de vista da protección radiolóxica.
No apartado cuarto da devantida instrución especifícase que por lugares de traballo con elevada permanencia de membros do público están incluídos os centros de educación infantil, primaria e secundaria.
¿Está o concello ao tanto destas revisións? ¿Existe un programa de revisións que garanta a non exposición dos traballadores do concello e os nenos á radiación natural? ¿Esíxese aos centros de educación privados do concello estas medicións?
PREGUNTAS PLENO ABRIL
1. Existen numerosos semáforos nos tres núcleos urbanos, Covas, Celeiro e Viveiro que non funcionan ou están rotos, tralo paso do inverno. Ten coñecemento o equipo de goberno desta situación? De ser así, cando pensa reparalos e poñelos novamente en funcionamento.
2. No orzamento municipal do ano 2013, aprobado polos grupos municipais de PSOE e IVI, a partida destinada a entidades deportivas, limitábase ás escolas deportivas de fútbol, deixando de lado os demais deportes e clubes da nosa localidade. ¿Pagáronse ás axudas a estas tres entidades?. Abonou o Concello de Viveiro, algunha subvención, a través de convenio ou de pago directo de facturas, a algunha entidade deportiva, que non figurara no orzamento municipal? De ser así, ¿A cales, e en que cantidades?. ¿Qué previsión de axuda e colaboración cos clubes deportivos ten previsto o goberno municicipal para o ano 2014?
3. O Concello de Viveiro, xestiona a recollida do lixo a través de SOGAMA. A Xunta de Galiza, presupostou para o ano 2014 unha suba do 34% no canon de SOGAMA, por acordo entre os alcaldes do PP e a Xunta, comezará a cobrarse en xuño de 2014. ¿Ten pensado o equipo de goberno trasladar este incremento do canon, ás veciñas e veciños nos seus recibos, ou asumirao nos orzamentos do 2014, se os houbera? ¿Aposta o Equipo de goberno polo sistema de recollida de lixo de SOGAMA, a través da incineración, ou ten previsto estudar novos sistemas de tratamento de residuos?.
Numerosos alcaldes e alcaldesas de distintos grupos políticos, agás do PP, anunciaron medidas para non facer fronte a este inxusto incremento de canon. ¿Ten pensado a Alcaldesa sumarse a eles?
ROGOS PLENO ABRIL
1. A estrada de Naseiro, presenta numerosas fochancas que dificultan a circulación de vehículos, ciclistas e viandantes. Rogamos ao equipo de goberno, a reparación da estrada no menor prazo de tempo posible, agora que ven o bo tempo.
2. No traxecto de beirarrúa entre os núcleos de Viveiro e Celeiro, na marxe esquerda, non existe ningunha papeleira, para uso dos viandantes que por ela circulan. Rogamos ao equipo de goberno que coloque algunha no citado tramo para uso das veciñas e veciños.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



