Ribadeo, 10 de abril de 2014. Este venres, 11 de abril, o alumnado do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga visitará diferentes dependencias dos servizos sociais municipais: a vivenda comunitaria, a residencia hospital asilo e o centro de día.
A concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, explicou que “ farán esta visita para coñecer as infraestruturas dos servizos sociais de Ribadeo. Comezará as 9 horas e os rapaces estarán acompañados por profesorado do CIFP Portada da Auga, por persoal técnico municipal así como por responsables de cada un dos centros a visitar”.
A edil nacionalista contou que “esta actividade enmárcase dentro dun proxecto de colaboración entre o CIFP Porta da Auga e Área de Saúde e Servizos Sociais do Concello de Ribadeo. Iniciouse este programa o día 21 de marzo cunha charla impartida polo traballador social José Luis Gegunde no salón de actos da Casa do Mar. A través deste foro o alumnado entrou en contacto coa realidade dos servizos sociais que teñen máis próximos, como son os municipais, e comprobaron como foron evolucionando estes servizos ao longo do tempo e como as diferentes normativas e cambios sociais e económicos influíron de forma substancial na programación, nos servizos prestados e no traballo diario do persoal deste campo, dos servizos sociais, e das persoas usuarias”.
González Piñeiroa engadiu que “este proxecto de colaboración entre o Concello e o centro pretende que o eido da formación, o laboral e os servizos públicos traballen de forma coordinada, dado que todo isto redundará nun beneficio mutuo”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



