O son dos ferreiros volverá a soar unha vez máis o vindeiro domingo de 13 abril, nunha celebración na que a promoción e exhaltación deste oficio será a base fundamental desta cita.
Catro ferreiros do municipio exhibirán o seu dominio do oficio, aínda que haberá tamén ferreiros de Fonsagrada, Guntín Santiago e Santa Eulalia de Oscos. As demostracións en vivo deixarán paso as demostracións de olería, talla de madeira, cestería, cantería, talla en madeira e carbón vexetal, así como espectáculos de animación ofrecidos pola compañía Volta e Dalle co persoaxe Buqueiras e Os Feirantes a cargo da compañía Os Quinquilláns.
A variedade está asegurada, pois a Riotorto acudirán tamén máis de 100 expositores de diferentes especialidades e que realizan os seus traballos artesáns con materiais coma o coiro, xoieria, vidro, madeira, fimo, mármol,… (corenta se ubicarán no pavillón e os restantes adicados fundamentalmente á alimentación e productos de diversa índole estarán emprazados ao longo das rúas contiguas ao recinto feiral.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
11.00 h – APERTURA DA FEIRA
Artesanía dos Ferreiros de Riotorto, Obradoiro do Ferro Infantil, Talla Madeira, Alfarería, Carbón Vexetal, Torneado de madeira, Artesáns, Demostración en vivo da artesanía do Ferro.
11.15 h – DEMOSTRACIÓN OFICIOS TRADICIONAIS
TORNEADO DE MADEIRA a cargo de Jesús Iglesias (Ortigueira)
ALFARERÍA a cargo de Os de Laura (Buño)
TALLA DE MADEIRA a cargo de Roberto Figueira (Rianxo)
OBRADOIRO DE CARBÓN VEXETAL (ata as 17,00 horas)
12.00 h – INAUGURACION OFICIAL da VIII FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO
Actuación musical dos GAITEIROS DE RIOTORTO e do CORO DE RIOTORTO
12.30 h – DEMOSTRACIÓN EN VIVO da Artesanía do Ferro: FERREIROS DE RIOTORTO, FERREIROS DA FONSAGRADA, FRIEDRICH BRASMSTEIDL (ferreiro austríaco) e ALBERTO LEIS (Ferreiro de Santiago de Compostela)
Animación de Rúa a cargo cargo da compañía Os Quinquilláns co espectáculo “OS FEIRANTES”
13.00 h – OBRADOIRO DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro austríaco FRIEDRICH BRASMSTEIDL
13.30 h – Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo “BUQUEIRAS”
16.30 h – DEMOSTRACIÓN OFICIOS TRADICIONAIS
TORNEADO DE MADEIRA – ALFARERIA – TALLA MADEIRA – CARBÓN VEXETAL
DEMOSTRACIÓN EN VIVO da Artesanía do Ferro: FERREIROS DE RIOTORTO, FERREIROS DA FONSAGRADA, FRIEDRICH BRASMSTEIDL (ferreiro austríaco) e ALBERTO LEIS (Ferreiro de Santiago de Compostela)
Animación de Rúa a cargo da compañía Os Quinquilláns co espectáculo “OS FEIRANTES”
OBRADOIRO DE FERRO INFANTIL, a cargo do ferreiro austríaco FRIEDRICH BRASMSTEIDL
18.00 h- Animación de Rúa a cargo de Volta e Dalle co espectáculo “BUQUEIRAS”
19.30 h – Actuación Musical no recinto feiral
O recinto feiral estará cuberto baixo carpa Degustación de Polbo e Comida.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



