Espectacular actuación do gaditano Paquito na Residencia de Anciáns de Foz, que tivo lugar o pasado sábado día 5 ás cinco da tarde. A actuación que durou unha hora, foi moi aplaudida polo público asistente, tanto polos internos como polos visitantes, ata o punto que acabaron cantando ó compás das variadas melodías con saxo e clarinete ofrecidas por este músico profesional que ten acompañado a Alejandro Sanz, Rocío Jurado ou Isabel Pantoja. Este acto foi organizado pola Asociación “O CAIADO”, en colaboración coa Fundación Alcoa e o Concello de Foz.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



