Ofrecemos á posible curiosidade do lector o contido do testamente que Vasco López de Moscoso, veciño de San Martiño de Mondoñedo, polo que , o 22 de febreiro de 1564, dispuxo ser soterrado dentro daquel Mosteiro, onde estaban enterrados Pedro Mariño e Alonso de Río, seus irmáns, deixando a este fin 1500 maravedis. Deixou 5 reais ó crego que o atendese no derradeiro momento; dispuxo que o día do seu enterro dixesen misa pola súa alma tódolos frailes e clérigos que poidesen atoparse. Manifestou o seu desexo de que o enterrasen antes das 5 horas despois do seu pasamento. Dispuxo que se dixesen oito misas cada día, cantadas e rezadas, tódolos nove primeiros días despois do seu enterro, dando de comer ós pobres mais necesitados. Dispuxo que non se fixesen honras e que lle dixesen catro trintenarios pechados de San Gregorio no Mosteiro de San Martiño e tres abertos,coa limosna de 1000 maravedís e unha libra de cera para os pechados e 400 maravedís para os abertos. Mandou decir o outavario e as Misas de plazos, coa vianda acostumada. Mandou que, despois da súa morte, se enviase un romeiro, no seu nome, a Nosa Señora de Guadalupe, á que debían entregarse mil maravedís e celebrar alí unha Misa. Mandou dar 200 maravedís para arranxo da igrexa de Benquerencia; á de Santa Cilla un cáliz de plata do peso dun marco. Deixou para a obra da igrexa de San Martiño 400 maravedís. Mandou entregar á Santa Cruzada 2 reais; ó Hospital de Santiago un real; ós pobres de San Lázaro de Mondoñedo, de Viveiro e Ribadeo 10 maravedís a cada un; mandou poñer no Hospital de San Martiño de Mondoñedo unha cama de roupa por valor de 500 maravedís; para arreeglo da ponte da Espiñeira 2 reais e para o arreglo da de Fazouro, outros 2 reais.
Deixou ó seu fillo Vasco a metade da súa facenda de Foz e 10 vacas coas súas crias.. Encomendou a este fillo os outros fillos Francisco e Sancho López As dsposicóns testamentarias .do rico home resultan para estes tempos sorprendentes e algunhas mesmo insolitas.
Suso Fernández



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



