Ribadeo, 10 de abril de 2014. A capela do cemiterio municipal será escenario dunhas xornadas de portas abertas desde mañá, venres, ata o vindeiro mércores para que as persoas que o desexen acudan a contemplar desde o seu interior as vidreiras que foron repostas estes días. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que se trata dun patrimonio moi importante para Ribadeo e para o seu camposanto.
O rexedor sinalou que “por fin desde hai uns días estas oito vidreiras que estaban nos ocos da capela do cemiterio municipal de Ribadeo xa están colocadas, xa locen alí”. Suárez Barcia lembrou que “todo este proceso se iniciou cun desafortunado incidente ocorrido hai tres ou catro anos que se producía por unha mala información aos rapaces que daquela traballaban para un taller de emprego, do que era promotora a Asociación Puente de los Santos e da que forma parte o Concello de Ribadeo. Despois houbo que litigar coa compañía aseguradora para que asumise os custos de reconstrución, de reparación, daqueles ventanais únicos”.
O alcalde ribadense dixo que “por fin e despois de moito traballo están colocados desde hai uns días e a verdade é que non hai diferenza entre a única que quedou intacta e as que se fixeron novas”. Fernando Suárez Barcia indicou que “atendendo ás peticións dalgunha asociación de aquí da vila, imos facer unhas xornadas de portas abertas, no horario no que se atope no cemiterio o peón sepultureiro, para que todas aqueles veciños que o desexen as poidas contemplar desde dentro da propia capela. De aí que desde mañá, venres, e ata o vindeiro mércores se poidan achegar ata alí todos os que o desexen para admirar estas vidreiras que ademais constatan que foi un traballo dunha cesión dos irmáns Moreno, os mesmos que mandaron construír a Torre dos Moreno e que é un patrimonio importante para Ribadeo”. O rexedor engadiu que “entre todos evitamos que se perdera e logramos manter vivas unhas vidreiras moi importantes para Ribadeo e para o cemiterio municipal”.

























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



