Ribadeo, 12 de maio de 2014. Dentro do programa Astronomía ao alcance de todos, que están a levar adiante o Concello de Ribadeo e a Universidade de Santiago de Compostela, este mércores, 14 de maio, haberá unha actividade astronómica no colexio Sagrado Corazón e para a noite, a partires das 23 horas, hai programada unha observación no porto de Rinlo, que está aberta a todas as persoas que desexen acudir.
O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro sinalou que “despois tamén faremos outro día a mesma actividade no colexio Gregorio Sanz e a observación na parroquia de Remourelle. Xa avisaremos con antelación para que poidan asistir todos os veciños que queiran doutras parroquias.Trátase de observacións abertas a todo o mundo para disfrutar desa astronomía ao alcance de todos. Hai moita xente que nunca mirou a través dun telescopio e así poderá facelo grazas a este programa”.
Compostaxe doméstica
A Concellaría de Medio Ambiente entregará o vindeiro xoves, 15 de maio, os 55 composteiros ás veciñas e aos veciños de Ribadeo que participarán nun programa da compostaxe doméstico, que levarán adiante o Concello e Sogama. Horacio Cupeiro subliñou que debido ao éxito que está a ter a iniciativa e á lista de espera existente xa foron solicitados outros 25 composteiros para Ribadeo.
O edil nacionalista explicou que “dado o grande éxito que tivo o programa de compostaxe caseiro que realizamos o pasado 29 de abril en Ribadeo e dado que quedaron en lista de espera moitos veciños, desde o Concello solicitamos outros 25 composteiros. Xa nos contestaron que van satisfacer as nosas necesidades, polo que todas as persoas que vivan no periurbano de Ribadeo ou no rural poderán solicitalos”.
Cupeiro lembrou que “todo isto traerá como consecuencia o envío de menor cantidade de quilos de lixo a Sogama e un beneficio de nutrientes para as nosas hortas. Todas as persoas que queiran solicitar composteiros poden facelo chamando ao Concello e seguiremos unha rigorosa orde de inscrición”.
O concelleiro de Medio Ambiente indicou que “o vindeiro xoves, 15 de maio, de 11:30 a 12:30 horas farase entrega dos primeiros 55 composteiros ás persoas que asistiron ao curso. Agardámolos alí, detrás da Casa da Mar, que é onde temos os composteiros”.
Xeolodía
Cupeiro amosouse moi satisfeito da acollida e do éxito que tivo o Xeolodía 2014, que se celebrou o pasado sábado en Ribadeo. A actividade levou por título As catedrais: pasado e futuro nas mans do Cantábrico. Os asistentes realizaron un routeiro guiado pola costa ribadense desde Piñeira ata As Catedrais. O Xeolodía foi organizado pola Sociedad Geológica de España e polo Concello de Ribadeo.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



